Archive for Agosto, 2005

Més fotos dels campaments / Máis fotos dos campamentos

Luns, Agosto 29th, 2005

Ara que arriba setembre i comença un nou curs, ja podeu veure les millors fotos de Prat de Comte 2005. En total són 32 i es troben a http://www.flickr.com/photos/aouriceira/.

Si, a més, voleu veure les fotos a les quals hi apareix gent (14 fotos) digueu-m’ho deixant un comentari a aquest article o enviant-me un email.

Pròximament començaré a penjar les fotos de la Vall de Núria. Estigueu alerta!

Máis fotos dos campamentos (galego)

Agora que chega setembro e comeza un novo curso, xa podedes ver as mellores fotos de Prat de Comte 2005. En total son 32 e podédelas atopar en http://www.flickr.com/photos/aouriceira/.

Se, ademais, queredes ver as fotos nas que aparece xente (14 fotos) dicídemo deixando un comentario neste artigo ou enviándome un email.

Proximamente comezarei a colgar as fotos de Vall de Núria. Estade atent@s!

Chuzame! chuzame -

As mellores cousas da vida: / Les millors coses de la vida:

Domingo, Agosto 28th, 2005

o deporte,

a música,

o amor.

Chuzame! chuzame -

Arde Galiza / Es crema Galiza

Xoves, Agosto 25th, 2005

(...)

Arde Galicia
co lume forestal,
tamén arden os teus ollos
con pupilas de metal.

E cando os teus ollos queiman
tanto che me ten.
E tanto che me ten, ven!
e tanto che me ten, vai!

Vai,
e ven,
vai e ven e baila
do dereito e do revés

Tacón, tacón,
tacón, punta, tacón.

(...)

[Banda Sonora: Os Resentidos – Sitio Distino]

Ás veces semella que o tempo non pasa.

Como diría María: Vía sihomesi.

P.S.: Tamén vía Cristina Narbona Ruiz & company.

Es crema Galiza (català)

De vegades sembla que el temps no passa.

Com ho diria la María: via sihomesi.

P.S.: També via Cristina Narbona Ruiz & company.

Chuzame! chuzame -

Holywater

Martes, Agosto 23rd, 2005

Holywater é o grupo que me pon os pelos de punta unha e outra vez. Dende o primeiro concerto (xa non lembro cando), dende a primeira maqueta, alá polo ano 1999, é a música que me conmove como ningunha outra.

As súas cancións acompañáronme sempre nos díficiles anos da adolescencia, cando por máis que procuraba non era capaz de atoparme. Estiveron comigo nalgún amor e en todos os desamores…

[Banda Sonora: Holywater – sides]

Holywater (català)

Holywater és el grup que em posa la pell de gallina una vegada i una altra. Des del primer concert (ja no m’enrecordo quan), des de la primera maqueta, allà per l’any 1999, és la música que em commou com no ho fa cap altra.

Les seves cançons em van acompanyar sempre en els anys difícils de l’adolescència, en aquell temps en el qual no em trobava per molt que em cercava. M’han fet costat en algun amor i en tots els desamors…

Chuzame! chuzame -

Mestizaxe baixo os castiñeiros / Mestissatge sota els castanyers

Luns, Agosto 22nd, 2005

A festa de onte asemellábase á “revolución” de Yushenko. A cor laranxa invadiu a terra de Ánxel Fole. E no xantar, nos contos, nos xogos, nos concertos había case tanta rapazada vasca e catalá como galega.

Aproveitamos o día para facer unha excursión polo Val do Incio. Sigo pensando que é un paraíso, un remanso de paz que por sorte aínda non sucumbiu ao poder omnímodo do eucalipto.

Xa á noite ceamos un riquísimo bocata de lacón (non foi bocadelo de tortela) e mentres tentaba comunicar con aquela luz do mediterráneo comezaron os concertos. Notouse que Xarín si que son profetas na súa terra e coa novidade de Iria no violín (Lucus power!) montaron un concerto de gran calidade. Compartiron escea despois Arán e Mackfeck e o resultado foi moi interesante. Especial sobre todo a cantante irlandesa galegofalante. Non puiden ver a Dixebra porque se nos botou tarde, e hoxe tocábame conducción temeraria pola mañá.

E agora dedicación intensa ao manual de circulación ata o día 2.

[Banda Sonora: Los Planetas – contra la ley de la gravedad]

Mestissatge sota els castanyers (català)

La festa d’ahir semblava la “revolució” de Yushenko. El color taronja va envair la terra d’Ánxel Fole. I al dinar, als contes, als jocs, als concerts hi havia gairebè tant de jovent basc i català com de gallec.

Vam aprofitar el dia per a fer una excursió pel Val do Incio. Segueixo pensant que es un paradís, un racó pacífic el qual per sort encara no ha caigut davant el poder omnìmode de l’eucalipte.

Ja a la nit vam sopar un bonísim entrepà de lacón i mentre intentava comunicar-me amb aquella llum de la mediterrània van començar els concerts. Es va notar que Xarín sí que són profetes a casa seva i amb la novetat d’Iria amb el violí (Lucus power!) van muntar un concert de gran qualitat. Després van compatir escena Arán i Macfeck i el resultat va ser molt interessant. Especial sobre tot la cantant irlandesa “galegofalante”. No vaig poder veure Dixebra perquè van fer tard, i avui em tocava conducció temerària pel matí.

I ara dedicació intensa al manual de circulació fins el día 2.

Chuzame! chuzame -

Repito: Non faltedes! / Repeteixo: No falteu!

Domingo, Agosto 21st, 2005


(www.viamichelin.com)

Veña, que aínda estades a tempo de mercar unhas empanadas e unirvos. Vémonos no Incio.

Vimos de moi longas terras, vimos da terra da xesta…
[Banda Sonora: Xarín – gaiteiros do Incio]

Repeteixo: no falteu (català)
Vinga, que encara esteu a temps de comprar unes empanades i afegir-vos. Ens veiem a O Incio.

Chuzame! chuzame -

Feed-back

Sábado, Agosto 20th, 2005

...ou en galego retroalimentación. Había xa un tempo que coñecía este blog mais aínda non fixera ningunha referencia a el. Botádelle un ollo. É entretido e ten un punto retranqueiro moi bo.

Ah, por certo, quixera dicirvos a tod@s e especialmente a O’Xirarei que aínda que pareza incríbel o orozquismo supérase a si mesmo. Aquí podedes ver a última. Eu, que vivo (agora só en vacacións) ao lado da Fonte dos Ranchos e tiven que aturar durante anos o nome franquista de Plaza del Ejército Español, non o podo crer.

[Banda Sonora: Franz Ferdinand – franz ferdinand]

Feed-back (català)
... o en català retroalimentació. Feia ja un temps que coneixia aquest blog però encara no havia fet cap referència a ell. Doneu-li un cop d’ull. És entretingut i té un punt d’humor molt bo.

Ah, per cert, vull dir-vos, especialment a O’Xirarei que encara que sembli increïble l’orozquisme se supera a ell mateix. Aquí podeu veure l’última. Jo, que visc (ara només per vacances) al costat de A Fonte dos Ranchos i he hagut de suportar durant molts anys el nom franquista de Plaza del Ejército Español, no m’ho puc creure.

Chuzame! chuzame -

Memoria | Memòria

Sábado, Agosto 20th, 2005

Pois iso. O máis enternecedor, para min, as imaxes de Antón e Facundo, quizais porque é un recordo de infancia. Boto de menos a aquel paisano da boina. Tranquilidá...

[Banda Sonora: Morodo – cosas que contarte]

Doncs això mateix. El més entendridor, per a mi, les imatges d’Antón i Facundo, potser perqué és un record d’infantesa. Trobo a faltar a aquest pagès de la boina. Tranquilidá...

Chuzame! chuzame -

Será o guaraná? / Serà el guaranà?

Venres, Agosto 19th, 2005

 

Esta é a bebida que está chamada a substituir á Coca-Cola. Nin Pepsi, nin cola Gold (a do mítico Continente) nin farrapos de gaita.

De comercio, o xusto. E de sabor, sobrada. De momento xa o podemos atopar na cidade bimilenaria. Que eu saiba: na Cova da Terra e no Emo (Rúa das Nóreas) e máis no Candonga (Campo Castelo).

Agora só falta que nolo sirvan en certos sitios coma este ou este.

[Banda Sonora: Ojos de Brujo – barí]

 

Serà el guaranà? (català)

Aquesta és la beguda que ha de substituir a la Coca-Cola. Ni Pepsi, ni cola Gold (la del mític Continente) ni farrapos de gaita*.

De comerç, el just. I de sabor, sobrada. De moment ja el podem tastar a la ciutat bimilenaria. Que jo sàpiga: a la Cova da Terra i al Emo (Rúa das Nóreas) i també al Candonga (Campo Castelo).

Ara només falta que ens el serveixen en determinats llocs com aquest o aquest.

*Farrapos de gaita, expressió despectiva que s’utilitza per a indicar el nul valor d’una cosa.

Chuzame! chuzame -

Terra Brava 2005 !

Xoves, Agosto 18th, 2005

Vantaxes do festival:

Paisaxe impresionante.
Carballeiras e soutos con boísimas sombras para xantar e botar a sesta.
O río Cabe.
Unha colega da facultade, que coñecín en Barcelona, resultou ser do Incio! E está na organización da festa.
Tocarán os gaiteiros máis aunténticos que coñezo.
O cartel é da cor preferida da mañica máis riquiña do mundo.
Camisolas á venda!
A Palleira, esa tasca-pub poderosa!
Actuación de regueifeiros = risas aseguradas.
Seica ao alcalde pepeiro non lle fai moita graza o festival.

E podería seguir!

[Banda Sonora: Heredeiros da Crus – chicarrón]

Terra Brava 2005! (llegir en català) =>

Avantatges del festival:

Paisatge impresionant.
Boscos de roures i castanyers amb molt bones ombres per fer la migdiada.
El riu Cabe.
Una colega de la facultat, que he conegut a Barcelona, és de O Incio! I és part de la organització de la festa.
Tocaran els gaiteirs més autèntics que conec.
El cartell és del color preferit de la “mañica” més maca del món.
Samarretes a la venda!
A Palleira, aquesta tasca-pub poderosa!
Actuació de “regueifeiros” = rialles assegurades.
Sembla ser que a l’alcalde pepero no li fa gaire gràcia el festival.

I podria seguir!

Chuzame! chuzame -