Fin de festa | Fi de festa

.gal

Xa sei que o San Froilán (non confundir co Felipe Juan) remata oficialmente mañá, mais eu este serán vou de volta para aló no Transiberiano. Así que, aproveitando que aínda me pitan os oídos, vou falar de música.

Comecei o venres vendo a Inti-Illimani, que me gustaron máis do que agardaba. Logo fun ver a SFDK ao Seminario. O lugar estaba cheíño a rebentar. E soaban ben. Pero a alerxia que lle teño a ese sector do Hip-Hop que basea a súa música nunha extrema inflamación de ego fixo que non tardara moito en decantarme por outra opción moito máis interesante: o animadísimo pasarrúas dos Festicultores. Dende Amparanoia ata Goran Bregovic pasaron pola súa trituradora rítmica.

O sábado fun ver a Rosa Cedrón con Doa. É verdade que segue a ter unha voz marabillosa. Iso si: Doa non é, nin moito menos, Luar na Lubre, e o concerto non se asemellou en nada a aquel de La Paloma que tanto me emocionara. No outro escenario agardaban Avenida Brasil e Akatz. Gustáronme especialmente os bascos, que me fixeron lembrar en moitos momentos aos Skatalites.

Continuará...

.cat

Ja sé que el San Froilán (no s'ha de confondre amb en Felipe Juan) s'acaba oficialmente demà, però jo aquest vespre tornaré cap allà amb el Transiberià. Així doncs, aprofitant que encara em piten les orelles, parlaré de música.

Vaig començar divendres veient Inti-Illimani, que em van agradar més del que m'esperava. Després vaig anar a escoltar SFDK al pati del Seminari. El lloc era ple a vessar. I sonaven bé. Però l'alèrgia que tinc a aquest sector del Hip-hop que basa la seva música en una extrema inflamació d'ego va fer que no trigués gaire en decantar-me per una altra opció molt més interesant: l'animadísima festa de carrer dels Festicultores. Des de Amparanoia fins a Goran Bregovic van passar per la seva trituradora rítmica.

Dissabte vaig anar a sentir la Rosa Cedrón amb Doa. És veritat que segueix tenint una veu meravellosa. Això si: Doa no és, ni molt menys, Luar na Lubre, i el concert no es va asssemblar en res a aquell de La Paloma que tant m'havia emocionat. A l'altre escenari esperaven Avenida Brasil i Akatz. Em van agradar especialmente els bascs, que em van fer recordar en molts moments als Skatalites.

Continuarà...

.mu

MUCHACHITO BOMBO INFIERNO vamos que nos vamos

One Response to “Fin de festa | Fi de festa”

  1. Brais Says:

    Vin de casualidade este comentario do concerto de Rosa Cedrón e Doa no San Froilán (penso que do ano 2005), cando estaban facer os concertos chamados “Cantigalia”, só quixera comentar que eu tamén estaba alí e pareceume único, fantástico, un concerto como vin poucos; escoitei a dulce voz de Rosa envolta (por fin) con un grupo ao seu xeito,,, desde logo Doa nada ten que ver con Luar; non esquezamos que Doa é dez anos anterior a Luar,,, dentro deste grupo fragouse (sin grandes campañas de marquetin) o que é a música galega actual, por el pasaror grandes músicos.. por citar algún deles ; Carlos Castro (hoxe en Fía na Roca), Baldo Martínez (o noso gran baixista de jazz), Michel Canadá (ex-Milladoiro), Javier Ferreiro (Luar na Lubre), Roberto Grandal (acordeonista), Oscar Fernández (zanfona de Os Cempés), Alfonso Morán (Real Filarmonía), Nora McEvoy (Orquesta Sinfónica de Galicia), Miro Casabella, Victor Manuel, Amancio Prada (míticos cantautores), Bernardo Martínez (fundador de DOA, un dos músicos máis laureados de Galicia), o outro fundador e excelente guitarrista Xoan Piñón, o luxo de baixista de “Outeiro” Pepe Bordallo, o viola Francisco Luengo, Xaquín Blanco, Manuel Varela etc etc ,,, e moitos máis dos mellores músicos que deu este país (_os podedes ver na páxina de Doa_). Penso que o estilo de Rosa Cedrón acoplouse, no concerto de Lugo, dun xeito perfecto a música de Doa, envolta na profundidade e contido que lle dan as cantigas dos troveiros e o seu estilo sinceiro e sin concesiós. Brais.

Comenta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image