Archive for Agosto, 2007
Camiños de Ferro Galegos Xa!
Martes, Agosto 14th, 2007
Foto modificada da orixinal de Tomas R Vigo
A proposta de ADEGA neste punto é clara e foi exposta no derradeiro Consello de Medio Ambiente da Xunta de Galiza:
Creación dos Camiños de Ferro Galegos.
Caracterizados por vias electrificadas.
Fomento das liñas intercitis de dupla vía que as fagan funcionais e utilitarias.
Creación de novas liñas como a de Vigo – Lugo, que abra a porta á Lugo - Oviedo.
Novas liñas Lugo - Santiago de dupla vía .
Comunicación entre Lugo e Mariña, de maneira que conecte cunha vía no norte que nos comunique con Franza dun xeito real.
Comunicación efectiva entre Vigo – Porto - Lisboa. Esta proposta e ben máis barata que a construción indiscrimidada de autoestradas e de vias de Alta Velocidade.Poderemos entón saudar os trens de Alta Velocidade despois de termos constituído os Camiños de Ferro Galegos, co mesmo optimismo que o fixo Curros e o pobo galego no século XIX.
chuzame - 
