Camiños de Ferro Galegos Xa!
Foto modificada da orixinal de Tomas R Vigo
A proposta de ADEGA neste punto é clara e foi exposta no derradeiro Consello de Medio Ambiente da Xunta de Galiza:
Creación dos Camiños de Ferro Galegos.
Caracterizados por vias electrificadas.
Fomento das liñas intercitis de dupla vía que as fagan funcionais e utilitarias.
Creación de novas liñas como a de Vigo – Lugo, que abra a porta á Lugo - Oviedo.
Novas liñas Lugo - Santiago de dupla vía .
Comunicación entre Lugo e Mariña, de maneira que conecte cunha vía no norte que nos comunique con Franza dun xeito real.
Comunicación efectiva entre Vigo – Porto - Lisboa. Esta proposta e ben máis barata que a construción indiscrimidada de autoestradas e de vias de Alta Velocidade.Poderemos entón saudar os trens de Alta Velocidade despois de termos constituído os Camiños de Ferro Galegos, co mesmo optimismo que o fixo Curros e o pobo galego no século XIX.
2007-08-14 at 11.17 pm
Onde hai que asinar?
2008-01-08 at 12.58 am
Pois eu prefiro unha liña preparada para 250 como estan a facer. Iso si e futuro… Os pasos a nivel si existen nas liñas do ave e se non vexamos o caso frances de cando se lanzou o tgv a 580km/h cruzando os pasos a nivel mentres dende arriba os grabavan.
De feito o gasto aumenta coa velocidade pero pra duplicar a velocidade no e necesario o doble de potencia se non o contrario…
Se a 150 vai os 2.4kwh pra ir a 300 so necesita 4kwh.
Non no equivoquemos. O tempo son cartos e a inversion pra dividir o tempo a metade y inferior o dobre.
Voto si polos 250 no eixo atlantico porque con iso poderemos ter aves a coruña e oporto en menos de 50 minutos e moito menos a santiago e pontevedra.
2008-01-09 at 6.43 pm
De acordo, iso tamén, mais creo que para sacar a Galiza interior do furado no que se atopa, son máis importantes os puntos que peguei na anotación.
Moi interesante a aportación dos datos de consumo enerxético.