Finis Terrae
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.
Federico García Lorca
chuzame -

2008-04-07 at 7.32 am
Encantoume a foto.
2008-04-09 at 12.08 am
Unha das experiencias máis bonitas que tiven na miña vida foi en Fisterra, e penso que un pouco atrás de onde tés a foto. Esperamos, todos os que estabamos alí a que o sol se metera na auga e cando iso pasou, de xeito espontáneo todos aplaudimos.
Saúdos!! virei por aquí de vez en cando, se me deixas ^^
2008-04-09 at 12.11 am
confundinme de link…
www.achantada.blogspot.com
adeu!!
2008-04-09 at 9.59 am
O malo das fotos é que nunca conseguirán captar todo o momento. O son, o olor, o vento. Sentirse no planeta.