Cagadubtes, tastaolletes!

Dúas marabillosas palabras que acabo de descubrir facendo un exercicio de catalán:
cagadubtes m. i f. [LC] pop. Persoa que dificilmente sabe saír de dúbidas cando ten que resolver algunha cousa. (literalmente cagadúbidas)
tastaolletes m. i f. [LC] Persoa que comeza moitas cousas e non segue ningunha. (literalmente probapotas)
Espero non ser un cagadubtes nin un tastaolletes!
Dos mots meravellosos que tot just he descobert fent un exercici de català:
cagadubtes m. i f. [LC] pop. Persona que difícilment sap deseixir-se de dubtes en haver de resoldre alguna cosa.
tastaolletes m. i f. [LC] Persona que comença moltes coses i no en segueix cap.
Espero no ser un cagadubtes ni un tastaolletes!
chuzame -
2008-05-15 at 3.28 pm
Gústame o teu blog, que defendas afoutadamente o galego. É de confesar que non son galego falante, pero fai pouco decateime do erro no que me atopaba o deixar este idioma espallado na beirarúa, como se fose lixo. Desde entón fala-lo mellor -xa digo que fai pouco- é miña teime. Desculpa os erros, unha aperta.
2008-05-15 at 3.33 pm
Gústame o teu blog, que defendas afoutadamente o galego. Confeso que non son galego falante, pero fai pouco decateime do erro no que me atopaba o deixar este idioma espallado na beirarúa, como se fose lixo. Desde entón fala-lo mellor é miña teime -xa digo que fai pouco-. Desculpa os erros,
Desculpa no comentario de enriba o gran erro de “é de confesar”.
2008-05-16 at 7.47 am
Moitas grazas, Javier! Foi moi reconfortante ler o teu comentario. Eu, como moitísimas outras persoas, tamén pensei un día: vou falar sempre galego. Foi un proceso lento, mais totalmente reconfortante.
Póñoche dúas ligazóns de artigos de neofalantes que quizais che gusten:
http://www.blogoteca.com/terraesquecida/index.php?mes=4&ano=2008
http://selvadeesmelle.blogspot.com/2006/10/da-do-orgullo-neofalante.html
Saúde!