Acerca de xabre

Un galego perdido en Barcelona

Carta dun Premio Nobel da Paz contra a ilegalización de Iniciativa Internacionalista | Carta d’un Premi Nobel de la pau contra la il·legalització d’Iniciativa Internacionalista

Sr. Presidente do Estado Español, Don José Luís Rodríguez Zapatero,

O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, tamén é amigo dos amigos dos que non condenan a violencia? Utilizará o seu partido outra vez a xustiza ao seu antollo para ilegalizar esta carta? Os pensamentos de cantos máis se poden ilegalizar?

Subscribo e reproduzo a carta íntegra.

Sr. President de l’Estat Espanyol, Don José Luis Rodríguez Zapatero,

El Premi Nobel de la Pau Adolfo Pérez Esquivel, també és amic dels amics dels qui no condemnen la violència? Utilitzarà el seu partit un altre cop la justícia de manera capritxosa per il·legalitzar aquesta carta? Els pensaments de quants més es poden il·legalitzar?

Subscric i reprodueixo la carta íntegra.

Sr. Presidente del Estado Español

Don José Luís Rodríguez Zapatero

 

Reciba el fraterno saludo de Paz y Bien.

 

Me dirijo a Ud. a fin de solicitarle intervenir y evitar acciones antidemocráticas de cercenar el derecho del pueblo español a la información y libertad de expresión, de exponer sus ideas, incluso con aquellas que no compartimos.

 

Estamos frente a grandes desafíos y cambios cada vez más acelerados que vive la humanidad y cada uno de nuestros pueblos y necesitamos fortalecer las bases de diálogo y participación ciudadana.

 

Representantes del hacer cultural, educativo, social y político vienen reclamando el derecho a la participación presentando la candidatura encabezada por Alfonso Sastre, en las próximas elecciones al Parlamento Europeo, denominada -“Iniciativa Internacionalista- La Solidaridad entre los pueblos”, nacida de la convergencia de diversas corrientes dentro del marco de la ley y la democracia.

 

La única forma de fortalecer y avanzar en consolidar el Estado de Derecho y las libertades públicas es la participación social, el diálogo y el derecho de cada ciudadano y ciudadana en la construcción de nuevos paradigmas que permitan construir caminos de libertad y Paz.

 

Espero Señor Presidente que considere éste pedido. Le reitero el fraterno saludo deseándole mucha fuerza y esperanza.

 

Adolfo Pérez Esquivel

Premio Nóbel de la Paz

Buenos Aires, 14 de mayo del 2009

No pensis diferent: seràs il·legal | Non penses diferente: serás ilegal

Primer van il·legalitzar Batasuna, però jo no em vaig preocupar, perquè no sóc abertzale i a més jo sí condemno la violència. Després van il·legalitzar ANV, però a mi no em va afectar, perquè no sóc independentista ni tinc connexions amb els que tenen connexions amb els etarres. Llavors van il·legalitzar Iniciativa Internacionalista, amb esquerres radicals de Canarias, Andalucía, Asturies, Castilla, Aragón, però a mi no em va afectar, perquè jo no voto Xosé Luis Méndez Ferrín (escriptor reconegut com el més important de la literatura gallega contemporània)… i a més, qué collons, tots els extrems són dolents…

Quan em vaig despertar del malson, només eren legals el Partido Popular i el Partido Español (abans PSOE). Un altre cop la realitat havia superat la ficció.

Primeiro ilegalizaron Batasuna, pero eu non me preocupei, porque non son abertzale e ademais eu si condeno a violencia. Despois ilegalizaron ANV, mais a min non me afectou, porque eu non son independentista nin teño conexións cos que teñen conexións cos etarras. Logo ilegalizaron Iniciativa Internacionalista, con esquerdas radicais de Canarias, Andalucía, Asturies, Castilla, Aragón, mais a min non me afectou porque eu non voto a Xosé Luis Méndez Ferrín (escritor recoñecido como o máis importante da literatura galega contemporánea) … e ademais, qué carallo, todos os extremos son malos…

Cando espertei do pesadelo, só eran legais o Partido Popular e o Partido Español (antes PSOE). Outra vez a realidade superara a ficción.

Cando mintes como fas? | Quan menteixes com fas?

Cando mintes como fas? Iso dicía miña nai cando nos cazaba nunha mentira escandalosamente evidente. Quedar co cú ao aire.

En TVE o estilo Urdaci rexurde por momentos. Podedes miralo desde todas as perspectivas que queirades. Podedes estar en contra da pitada. Mais a manipulación e a censura de TVE é vergoñenta. Pasen e vexan:

Quan menteixes com fas? Això deia ma mare quan ens enxampava en una mentida escandalosament evident. Quedar-se amb el cul a l’aire.

A TVE l’estil Urdaci resorgeix per moments. Ho podeu mirar des de totes les perspectivas que vulgueu. Podeu estar en contra de la xiulada. Però la manipulació i la censura de TVE és de vergonya. Passin i vegin:

No Marca (moi explicativo o vídeo):

“En el descanso del encuentro y para rematar la faena, el locutor de TVE, Juan Carlos Rivero, se excusó por no haber podido ofrecer el himno en directo “por un error humano” y lo emitió censurado, eliminando los silbidos al himno, enfocando a los jugadores y mostrando un par de imágenes de los pocos hinchas que se comportaron con respeto.”

En El País,

“Coincidiendo con la atronadora pitada de la hinchada vasca y catalana a la marcha de Granaderos, que se prolongó durante 50 largos segundos, Televisión Española, que retransmitía el encuentro en directo, tapó ese minuto con dos conexiones en directo con las ciudades de ambos equipos.”

Ollo á magnitude da pitada na Ser.

Comenta Público:

“Lo insólito es que, como si se tratara de un olvido, o quizás de China, la televisión pública ofreció la escena del himno en diferido en el descanso. Sólo se escuchó la música, nada de los pitidos. Y como imagen, los jugadores, y algún plano corto de aficionados escogidos: uno del Athletic, con la mano en el corazón.”

Os de “Se rompe España(TM), aka El Mundo:

“El himno más pitado, pero no para TVE.”

“En el descanso, TVE emitió el momento en que sonó el himno en una grabación con el himno en primer plano, con sonido ambiente imperceptible y los silbidos silenciados.”

Os únicos que sempre teñen La Razón:

La respuesta fue la esperada durante poco más de 50 segundos: una sonora pitada mientras la cámara de televisión recorría las caras de todos los jugadores alineados aunque Televisión Española, que retransmitía el encuentro en directo, ‘tapó’ ese minuto con dos conexiones en directo en las ciudades de los dos equipos.

Foto: Madeira de Uz en Flickr

A resposta imprescindíbel á FAES | La resposta imprescindible a la FAES


Foto: Períodico La Democracia en Flickr

Penso que todas as mentes que realmente estean dispostas a recapacitar 5 minutos deberían ver este magnífico vídeo da entrevista a Francisco Pillado e Manuel Lourenzo n’A Nosa Terra. Aquí vos deixo algún anaco, mais toda a entrevista é para enmarcar.

(…)

Por que decidiron dar esta conferencia de prensa?
Manuel Lourenzo: Se a sociedade civil, se as institucións políticas non son quen de dar unha resposta, que sexamos cando menos as persoas. Isto foi o que nos moveu a Pancho e a min a actuar como cidadáns. É algo que fixemos sempre: cadaquén asóciase con quen ten próximo para defender o seu territorio cando é atacado. E o noso territorio neste caso é a lingua. Precisamente por iso, moléstalles, e teñen como obxectivo a súa desaparición. Eu pido que se as institucións en si non teñen forza para se enfrontar, porque non sexa político ou prudente, que sexamos as persoas as que reclamemos. Non podemos permitir que prosperen sen resposta estas campañas continuas, que buscan a eliminación do noso país.

(…)

A desmobilización, o silencio, ten que ver co feito de pensar que poida ser contraproducente responder a cuestións irracionais coma estas?

M.L.: Iso é peor, ese medo que temos, esa prudencia que non sei se nos é innata ou nos foi dada polo machacar continuo sobre as nosas conciencias. Pensamos sempre que é contraproducente falar. Eu a esta actitude chámolle guerracivilista ou española, así directamente. Xa dende os Austrias e Isabel a Católica até Francisco Franco Bahamonde, a actitude sempre foi a mesma cara a nós. Somos a parte que sempre perdeu a guerra, e non esta última, a invasión franquista, senón todas as anteriores.

(…)

Crec que totes les ments que realment estiguin disposades a recapacitar 5 minuts haurien de mirar aquest magnífic vídeo de l’entrevista a Francisco Pillado i Manuel Lourenzo a A Nosa Terra. Aquí us en deixo algun tros, però tota l’entrevista és per emmarcar.

(…)

Per que han decidit donar aquesta conferència de premsa?
Manuel Lourenzo: Si la societat civil, si les institucions polítiques no són capaces de donar una resposta, que siguem al menys les persones. Això ha estat el que ens ha mogut al Pancho i a mi a actuar com a ciutadans. És una cosa que hem fet sempre: cadascú s’associa amb qui té pròxim per defensar el seu territori quan és atacat. I el nostre territori en aquest cas és la llengua. Precisament per això, els molesta, i tenen com a objectiu la seva desaparició. Jo demano que si les institucions per si mateixes no tenen força per enfrontar-s’hi, perquè no sigui polític o no sigui prudent, que siguem les persones qui reclamem. No podem permetre que prosperin sense resposta aquestes campanyes contínues, que buquen l’eliminació del nostre país.

(…)

La desmobilització, el silenci, té a veure amb el fet de pensar pugui ser contraproduent respondre a qüestions irracionals com ara aquestes?

M.L.: Això és el pitjor, aquesta por que tenim, aquesta prudència que no sé si ens és innata o ens ha estat donada pel picar continu sobre les nostres conciències. Pensem que sempre és contraproduent parlar. A aquesta actitud jo li dic guerravivilista o espanyola, així directament. Ja des dels Àustries i Isabel la Catòlica fins a Francisco Franco Bahamonde, l’actitud sempre ha estat la mateixa cap a nosaltres. Som la part que sempre ha perdut la guerra, i no aquesta última, la invasió franquista, sino totes les anteriors.

(…)

Holywater Rock & Roll

Podedes ver todas as fotos no álbum Holywater 04.09.
Podeu veure totes les fotos a l’àlbum Holywater 04.09.

Os Holywater do Monasterio de onte eran moi diferentes aos de hai cinco anos alá por Marina. Polo medio, perdéralles bastante a pista, por primeira vez desde aquel prototipo de Ricardo e Saqués.

Alá estaba aquel arxentino imponente, Khatru, cando eu aínda non me afixera a ver ao Diego. A sala quentaba suficientemente o ambiente; non tardaron moito en poñer o aire acondicionado a tope xusto por riba da cabeza de Luis.

Teño que dicir que gocei como un anano, coma sempre. O que notei, e non sei se o saberei expresar, é que o “rango cañeiro-íntimo” se estreitou moitísimo dende a última vez que os vira en directo. E se facemos unha media nese rango, o listón sube cara o Rock & Roll. Moita rabia, moita endorfina descargada en directo con Ricardo apoiado costas con costas co Khatru. Martín movíase máis ca nunca. Para Luis nunca foi (digo eu) tan pequena a diferenza entre os míticos Disappointment e este grupo de pedaliños. Porque unha cousa que se pode observar é que as pedaleiras de Martín e Ricardo multiplícanse cos anos.

Dúas impresións se complementan (ou contradicen) en Holywater hoxe. Por unha banda a perda do extremo íntimo fai que o de onte fora o primeiro concerto no que non se me puxeron os pelos de punta. Claro que eu tamén cambiei, quizais aquela sensibilidade adolescente era cousa de adolescere. Por outra banda, se me cingo por un momento ao disco e esquezo o directo, hai un fino fío que conecta Tranquility co espírito das dúas maquetas, saltando Handle With Care e Sides. Escoitando Tranquility onte na cama tiña unha certeza semi-onírica de estar deitado no sofá do salón da casa de Lugo, e eu ter 16 anos, claro.

Se cadra é como a vida dunha persoa, e a vellez de Holywater parécese á súa infancia. Non quixera que soara a cousa a crítica destructiva. Aínda sigo sen entender porque este grupo non está na primeira liña das preferencias indies, se é que esta condenada etiqueta quere dicir algo. Porén, teño o regusto amargo de pensar que o mellor de Holywater xa foi tocado. E todo (e se se me permite o desafogo) pola incultura musical desta sociedade que non cataliza aos seus artistas e que fai a Lucía cantarlle o Himno Galego a Feijoo e Rajoy porque eles non o saben. Non ten moito que ver co tema este último detalle (ou si), mais se non o digo rebento.

Els Holywater del Monasterio d’ahir eren molt diferents d’aquells de fa cinc anys allà per Marina. En aquests anys, els havia perdut una mica de vista, per primer cop des d’aquell prototip de Ricardo i Saqués.

Hi havia aquell argentí imponent, Khatru, quan jo encara no m’havia acostumat a veure el Diego. La sala escalfava prou l’ambient; no van trigar molt a engegar l’aire condicionat al màxim just per sobre del cap d’en Lluís.

He de dir que vaig gaudir com un nen petit, com sempre. El que he notat, no sé si ho sabré expressar, és que el “rang canyer-íntim” s’ha estretat moltíssim des de l’últim cop que els havia vist en directe. I si fem una mitja d’aquest rang, el llistó puja clarament cap al Rock & Roll. Molta ràbia, molta endorfina descarregada en directe amb en Ricardo recolzant-se esquena amb esquena amb el Khatru. El Martín es movia més que mai. Per al Lluís (crec jo) mai no ha estat tan petita la diferència entre els mítics Disappointment i aquest grup de pedalets. Perquè una cosa que es pot observar és que les pedaleres de Martín i Ricardo es multipliquen amb els anys.

Dues impresions es complementen (o contradiuen) a Holywater avui. Per una banda la pèrdua de l’extrem íntim fa que el d’avui hagi estat el primer concert que no em va posar els pèls de punta. És clar que jo també he canviat, potser aquella sensibilitat adolescent era cosa d’adolescere. Per una altra banda, si em cenyeixo per un moment al disc i oblido el directe hi ha un fil prim que connecta Tranquility amb l’esperit de les dues maquetes, tot saltant Handle With Care i Sides. Escoltant Tranquility ahir al llit tenia una certesa semi-onírica d’estar estirat al sofá de la meva casa de Lugo, i jo tenir 16 anys, és clar.

Potser és com la vida d’una persona, i la vellesa de Holywater s’assembla a la seva infància. No voldria que sonés la cosa a crítica destructiva. Encara segueixo sense entendre perquè aquest grup no es troba a la primera línia de les preferències indies, si és que aquesta maleïda etiqueta vol dir quelcom. Tanmateix, tinc el regust amarg de pensar que el millor de Holywater ja ha estat tocat. I tot (i si se’m permet la descàrrega) per la incultura musical d’aquesta societat que no catalitza els seus artistes i que fa que Lucía li canti l’Himno Galego a Feijoo i Rajoy perquè ells no se’l saben. No té gaire a veure amb el tema aquest darrer detall (o sí), però si no ho dic rebento.