Que é mellor? | Què és millor?

Que pasen moitos días sen actualizar o blogue, mentres agardo a sensación de que teño algo que expresar, ou escribir o primeiro que me pasa pola cabeza, como se se tratase dun Diario, aínda que ás veces (ou case sempre) sexan reflexións intrascendentes? Dádeme a vosa opinión. (Sempre que pido opinión teño a intuición de que o contador de comentarios vai quedar a 0).

Que passin molts dies sense actualitzar el bloc, mentre espero la sensació que tinc alguna cosa a dir, o escriure el primer que em passi pel cap, com si fos un Diari, encara que sovint (o gairebé sempre) siguin relflexions intrascendents? Doneu-me la vostra opinió. (Sempre que demano opinió tinc la intuició que el contador de comentaris es quedarà a 0).

[Foto de Vic no álbum Siurana de ipernity]

Parte 2 | Part 2


Capítulo 1:

El xa era oficiosamente licenciado. Escoitaba unha electrónica versión de The Funky Lowlives da Manteca de Dizzi Gillespie en Icat Fm (marabilla musical, 5 sabores para unha emisora imprescindíbel). Lía o artigo Pirateando Libros de Beliscos Pequenos. Nese intre non puido agardar máis para continuar o fío da Ouriceira. Aínda que ao final o parágrafo quedase un pouco recargado. A última hora renunciou a facer algunha referencia a Woody Allen, para non matar a anotación de pedantería.

Capítol 1:

Ell ja era oficiosament llicenciat. Escoltaba una electrònica versió de The Funky Lowlives de la Manteca de Dizzi Gillespie a Icat Fm (meravella musical, 5 gustos per a una emisora imprescindible). Llegia l’article Pirateando Libros de Beliscos Pequenos. En aquell moment no va poder esperar més per continuar el fil de A Ouriceira. Encara que finalment el paràgraf hagués quedat un xic recarregat. A darrera hora va renunciar de fer cap referència a Woody Allen per no matar el post de pedanteria.

[Foto de MorBCN en Flickr (cc)]