Archive for the 'festa' Category

O Apalpador

Martes, Decembro 25th, 2007

Nin Papá Noel nin Reis Magos. A Ouriceira descubriu hoxe o Apalpador e este 31 de decembro ha traer, non podía ser doutro xeito, castañas. O Apalpador non é consumista, e é amigo do Olentzero e o Tió (digo eu).

Ni Papa Noel ni Reis Mags. Ouriceira ha descobert avui l'Apalpador i aquest 31 de desembre portarà, no podria ser d'una altra manera, castanyas! L'Apalpador no és consumista, i és amic de l'Olentzero i el Tió (jo crec).

Vai-te logo meu ninim/nininha, | Ves-te'n ja nen/nena meu/meva,
marcha agora pra caminha. | marxa ara cap al llit.
Que vai vir o Apalpador | Que vindrà l'Apalpador
a palpar - che a barriguinha. | a palpar-te la panxeta.

Já chegou o dia grande, | Ja ha arribat el dia gran,
dia do nosso Senhor. | dia del notre Senhor.
Já chegou o dia grande, | Ja ha arribat el dia gran,
E virá o Apalpador. | I vindrà l'Apalpador.

Manhã é dia de cachela, | Demà és dia de castanyada
que haverá gram nevarada | que hi haurà gran nevada
e há vir o Apalpador | i vindrà l'Apalpador
c´uma mega de castanhas. | amb un cove de castanyes.

Por aquela cemba | Per aquella "cemba"
já vem relumbrando | ja vé brillant
o senhor Apalpador | el senyor Apalpador
para dar-vos o aguinaldo. | per donar-vos l'"aguinaldo"

(Amadora de Galego†, camponesa, 79 anos, Romeor de Caurel, recolhidas em Dezembro de 1994).

Máis sobre o Apalpador: artigo da Gentalha do Pichel, artigo da AGAL moi completo en PDF

Més sobre l'Apalpador: article da Gentalha do Pichel, article de l'AGAL molt complet en PDF

Chuzame! chuzame -

Susana

Luns, Outubro 9th, 2006

.gal

Amor compartido, Leonor. Síntoo pero tes unha dura competidora.

E un minipunto para Huecco.

Amor compartit, Leonor. Ho sento però tens una dura competidora.

I un minipunto per a Huecco.

.mu

SUSANA SEIVANE alalá de vilalba

Chuzame! chuzame -

Safari Orquestra: fin da fin de festa

Sábado, Outubro 22nd, 2005

Safari Orquestra: fi de la fi de festa

Máis dunha semana despois xa non sei se ten sentido seguir facendo reportaxe musical. Aínda así vou tentar continuar o fío:

As do domingo 10 e luns 11 foron as mellores xornadas de concertos.

Foi unha mágoa chegar tarde a Praza de Santa María o domingo, porque o pouco que oín de Chambao deixoume co mel nos beizos. “La Mari” ten moita máis maxia que a que me tiña transmitido nos discos, que nunca me acabaran de gustar. Claro que a compaña e a conversa dun bo amigo xustificaron suficientemente o retraso.

Porén, o show de Muchachito puiden gozalo de comezo a fin. Un novo exemplo do que, segundo miña nai oíu na Radio 3, se podería calificar como “Son Barcelona“. Para entender o nome de “Bombo Infierno” só había que estar alí e ver que ao bo do rapaz non lle paraba quedo o pé, dándolle ritmo frenético á maioría das cancións. Mesmo se atreveu cunha versión de Alaska! Pouco tardei en conseguir un disco seu, e agora acompáñame e anímame nas viaxes metropolitás.

E por fin, despois de moitos intentos fallidos, entre eles o do Festigal, o luns puiden coñecer o que é realmente a Safari Orquestra, alén da versión do Andrés do Barro. Moito máis experimental do que agardaba e tamén moito máis interesante. Música elegante, boas letras en galego, a baixista Laura (ese ícone peculiar) e o gran Ruliños no saxo, ou sexa, unha marabilla.

De volta cara a casa, despois de felicitar a Mike Rolling, poidemos escoitar as últimas cancións de LLuis LLach. E, na última noite, cumpriuse a proposición “San Froilán => choiva”.

Aquí remata esta crónica retrasada. Entre o 11 e o 22 pasaron moitas cousas que me gustaría contarvos. Algunha posiblemente quedará aquí reflexada, e o resto pasará ao apartado das lembranzas difusas.

Safari Orquestra: fi de la fi de festa (català)

Més d’una setmana després ja no se si té gaire sentit seguir fent reportatge musical. Tot i així vaig a intentar continuar el fil:

Les de diumengre 10 i dilluns 11 van ser les millors jornades de concerts.

Va ser una llàstima arribar tard diumenge a la Praza de Santa María, perqué el poc que vaig sentir de Chambao em va deixar amb la mel als llavis. “La Mari” té molta més màgia que la que m’havia transmés als seus discos, que mai m’havien acabat d’agradar. Clar que la companyia i la conversa d’un bon amic justificava suficientment el retard.

Tanmateix, el show de Muchachito sí que el vaig poder gaudir de principi a fi. Un nou exemple del que, segons ha sentit la meva mare a Radio 3, es podria qualificar com “So Barcelona“. Per a entendre el nom de “Bombo Infierno” només havies de ser allà i veure que aquell noi no podia parar de moure el peu, donant-li un ritme frenètic a la majoria de les cançons. Fins i tot es va atrevir amb una versió de l’Alaska! He trigat poc en aconseguir un disc seu, i ara m’acompanya i m’anima als viatges metropolitans.

I per fi, després de molts intents, entre ells el del Festigal, dilluns vaig poder conèixer que és realment la Safari Orquestra, més enllà de la versió de l’Andrés do Barro. Molt més experimental del que m’esperava i també molt més interesant. Música elegant, bones lletres en gallec, la baixista Laura (aquesta icona peculiar) i el gran Rulinhos amb el saxo, o sigui, una meravella.

Tornant cap a casa, després de felicitar al Mike Rolling, vam poder sentir les darreres cançons d’en LLuis LLach. I, l’última nit, va confirmar-se la proposició “San Froilán => pluja”.

Aquí s’acaba aquesta crònica retrasada. Entre l’11 i el 22 han passat moltes coses que m’agradaria explicar-vos. Alguna posiblement quedarà aquí reflexada, la resta passarà a l’apartat dels records difosos.

Chuzame! chuzame -

Fin de festa | Fi de festa

Martes, Outubro 11th, 2005

.gal

Xa sei que o San Froilán (non confundir co Felipe Juan) remata oficialmente mañá, mais eu este serán vou de volta para aló no Transiberiano. Así que, aproveitando que aínda me pitan os oídos, vou falar de música.

Comecei o venres vendo a Inti-Illimani, que me gustaron máis do que agardaba. Logo fun ver a SFDK ao Seminario. O lugar estaba cheíño a rebentar. E soaban ben. Pero a alerxia que lle teño a ese sector do Hip-Hop que basea a súa música nunha extrema inflamación de ego fixo que non tardara moito en decantarme por outra opción moito máis interesante: o animadísimo pasarrúas dos Festicultores. Dende Amparanoia ata Goran Bregovic pasaron pola súa trituradora rítmica.

O sábado fun ver a Rosa Cedrón con Doa. É verdade que segue a ter unha voz marabillosa. Iso si: Doa non é, nin moito menos, Luar na Lubre, e o concerto non se asemellou en nada a aquel de La Paloma que tanto me emocionara. No outro escenario agardaban Avenida Brasil e Akatz. Gustáronme especialmente os bascos, que me fixeron lembrar en moitos momentos aos Skatalites.

Continuará...

.cat

Ja sé que el San Froilán (no s'ha de confondre amb en Felipe Juan) s'acaba oficialmente demà, però jo aquest vespre tornaré cap allà amb el Transiberià. Així doncs, aprofitant que encara em piten les orelles, parlaré de música.

Vaig començar divendres veient Inti-Illimani, que em van agradar més del que m'esperava. Després vaig anar a escoltar SFDK al pati del Seminari. El lloc era ple a vessar. I sonaven bé. Però l'alèrgia que tinc a aquest sector del Hip-hop que basa la seva música en una extrema inflamació d'ego va fer que no trigués gaire en decantar-me per una altra opció molt més interesant: l'animadísima festa de carrer dels Festicultores. Des de Amparanoia fins a Goran Bregovic van passar per la seva trituradora rítmica.

Dissabte vaig anar a sentir la Rosa Cedrón amb Doa. És veritat que segueix tenint una veu meravellosa. Això si: Doa no és, ni molt menys, Luar na Lubre, i el concert no es va asssemblar en res a aquell de La Paloma que tant m'havia emocionat. A l'altre escenari esperaven Avenida Brasil i Akatz. Em van agradar especialmente els bascs, que em van fer recordar en molts moments als Skatalites.

Continuarà...

.mu

MUCHACHITO BOMBO INFIERNO vamos que nos vamos

La Diada

Sábado, Setembro 10th, 2005


(www.gumets.net)

Amanida d'acrònims per a seguir (o no) l'11 de setembre:Com.11-S Endavant-OSAN JERC JEV-JIC JNC JSC Maulets NGC PSAN UJ

Servir al gust de cadascú, freda, tèbia o calenta. Es poden afegir lliurement més acrònims-ingredients.

Ensalada de acrónimos para seguir (ou non) o 11 de setembro. Servir ao gusto de cada quen, fría, morna ou quente. Pódense engadir libremente máis acrónimos-ingredientes.

.mu GOLDFRAPP supernature

Chuzame! chuzame -

Mestizaxe baixo os castiñeiros / Mestissatge sota els castanyers

Luns, Agosto 22nd, 2005

A festa de onte asemellábase á “revolución” de Yushenko. A cor laranxa invadiu a terra de Ánxel Fole. E no xantar, nos contos, nos xogos, nos concertos había case tanta rapazada vasca e catalá como galega.

Aproveitamos o día para facer unha excursión polo Val do Incio. Sigo pensando que é un paraíso, un remanso de paz que por sorte aínda non sucumbiu ao poder omnímodo do eucalipto.

Xa á noite ceamos un riquísimo bocata de lacón (non foi bocadelo de tortela) e mentres tentaba comunicar con aquela luz do mediterráneo comezaron os concertos. Notouse que Xarín si que son profetas na súa terra e coa novidade de Iria no violín (Lucus power!) montaron un concerto de gran calidade. Compartiron escea despois Arán e Mackfeck e o resultado foi moi interesante. Especial sobre todo a cantante irlandesa galegofalante. Non puiden ver a Dixebra porque se nos botou tarde, e hoxe tocábame conducción temeraria pola mañá.

E agora dedicación intensa ao manual de circulación ata o día 2.

[Banda Sonora: Los Planetas – contra la ley de la gravedad]

Mestissatge sota els castanyers (català)

La festa d’ahir semblava la “revolució” de Yushenko. El color taronja va envair la terra d’Ánxel Fole. I al dinar, als contes, als jocs, als concerts hi havia gairebè tant de jovent basc i català com de gallec.

Vam aprofitar el dia per a fer una excursió pel Val do Incio. Segueixo pensant que es un paradís, un racó pacífic el qual per sort encara no ha caigut davant el poder omnìmode de l’eucalipte.

Ja a la nit vam sopar un bonísim entrepà de lacón i mentre intentava comunicar-me amb aquella llum de la mediterrània van començar els concerts. Es va notar que Xarín sí que són profetes a casa seva i amb la novetat d’Iria amb el violí (Lucus power!) van muntar un concert de gran qualitat. Després van compatir escena Arán i Macfeck i el resultat va ser molt interessant. Especial sobre tot la cantant irlandesa “galegofalante”. No vaig poder veure Dixebra perquè van fer tard, i avui em tocava conducció temerària pel matí.

I ara dedicació intensa al manual de circulació fins el día 2.

Chuzame! chuzame -

Repito: Non faltedes! / Repeteixo: No falteu!

Domingo, Agosto 21st, 2005


(www.viamichelin.com)

Veña, que aínda estades a tempo de mercar unhas empanadas e unirvos. Vémonos no Incio.

Vimos de moi longas terras, vimos da terra da xesta…
[Banda Sonora: Xarín – gaiteiros do Incio]

Repeteixo: no falteu (català)
Vinga, que encara esteu a temps de comprar unes empanades i afegir-vos. Ens veiem a O Incio.

Chuzame! chuzame -

Terra Brava 2005 !

Xoves, Agosto 18th, 2005

Vantaxes do festival:

Paisaxe impresionante.
Carballeiras e soutos con boísimas sombras para xantar e botar a sesta.
O río Cabe.
Unha colega da facultade, que coñecín en Barcelona, resultou ser do Incio! E está na organización da festa.
Tocarán os gaiteiros máis aunténticos que coñezo.
O cartel é da cor preferida da mañica máis riquiña do mundo.
Camisolas á venda!
A Palleira, esa tasca-pub poderosa!
Actuación de regueifeiros = risas aseguradas.
Seica ao alcalde pepeiro non lle fai moita graza o festival.

E podería seguir!

[Banda Sonora: Heredeiros da Crus – chicarrón]

Terra Brava 2005! (llegir en català) =>

Avantatges del festival:

Paisatge impresionant.
Boscos de roures i castanyers amb molt bones ombres per fer la migdiada.
El riu Cabe.
Una colega de la facultat, que he conegut a Barcelona, és de O Incio! I és part de la organització de la festa.
Tocaran els gaiteirs més autèntics que conec.
El cartell és del color preferit de la “mañica” més maca del món.
Samarretes a la venda!
A Palleira, aquesta tasca-pub poderosa!
Actuació de “regueifeiros” = rialles assegurades.
Sembla ser que a l’alcalde pepero no li fa gaire gràcia el festival.

I podria seguir!

Chuzame! chuzame -