Archive for the 'lingua | llengua' Category

Ano novo, proxecto vello | Any nou, projecte vell

Sábado, Xaneiro 5th, 2008

Volvo deitar botelhas de Suso ao mar, un vello proxecto que merecía ser recuperado.

Torno a llençar botelhas de Suso a la mar, un vell projecte que mereixia ser recuperat.

"A DISCOTEQUIZAÇOM DOS ESPAÇOS PÚBLICOS. Os meninhos e menihas educados na Espanha de pandeireta e discoteca dos anos oitenta e noventa controlam agora os espaços públicos: o chunda-chunda atroador estende-se por todas as partes, nos supermercados, nos bares…Nom aturam o silêncio, ou o falar, ou o ler. A Espanha é toda ela umha grande discoteca paifoca."

(Suso de Toro, setembro de 2002)

Chuzame! chuzame -

Letra é unha verba feminina | Lletra és una paraula femenina

Xoves, Maio 17th, 2007


[Foto: 17demaio.org]

Francisa Herrera Garrido / Rosalía de Castro / María Mariño

Chuzame! chuzame -

Xosé Manuel González

Domingo, Abril 22nd, 2007
De Cousas

Vista a capacidade que demostro ultimamente para facer comentarios políticos (e en xeral para crear algo, e non copiar e pegar), hoxe recoméndovos os artigos do meu profesor de lingua do Bacharelato: Xosé Manuel González. Gozádeo.

Un cop vista la capacitat que demostro darrerament per a fer comentaris polítics (i en general crear quelcom, i no copiar i enganxar), avui us recomano els articles del meu professor de llengua de Batxillerat: Xosé Manuel González. Gaudiu-ne.

 

Chuzame! chuzame -

Tectònica

Mércores, Marzo 28th, 2007
De Xabre

De tots els moviments geològics que marquen el futur de la Terra no hi ha cap imatge més salvatge i més violenta que la contemplació dels llençols freds d'un llit desfet després de la combustió de l'amor.

Joan Barril, 27.03.07

Chuzame! chuzame -

Festival de primavera ‘07

Sábado, Marzo 24th, 2007
De Galiza Primavera

Do que atopou Einés Cando visitou a arca do faiado
Do diario poético? de Einés Andrade

Chámome Einés Andrade. Mido un metro sesenta e dous e peso cincuenta e seis quilos. Levo gafas. Gústame o papel cuadriculado, os nomes de lugares, o queixo, as árbores, a pintura de Magritte, os gatos, a cor verde, os crebacabezas, nadar, as cerdeiras cando botan flor, remexer nas librarías, as estrelas filantes, as películas chinesas, as películas de Humphrey Bogart, a auga, ter tempo, Estocolmo, o viño, os bicos, escachar a rir ata que me doa o ventre, a poalleira, os ordenadores, a poesía de Rilke e de Sicart, o jazz, limpar a fondo e ordenar os armarios, as conversas con respostas picantes e rápidas, os amorodos, o vento, a utopía. Detesto as anécdotas para presumires de que estiveches e fuches, os grans que ás veces me saen na cara, o arroz con leite, os homes con bigote, as opinións lixeiras, os tópicos que se repiten ata que acabas pensando que son verdade, as persoas que fan a segunda pregunta antes de que respostes á primeira, as flores de plástico, os zapatos de tacón, a pornografía, a goma de mascar, as vodas, as primeiras comuñóns, os accidentes de tráfico, a violencia doméstica, a violencia salvaxe, as cancións de moda, as cancións que non se poden cantaruxar, o Nadal, os eucaliptos, aceptar o que din sen preguntarme. Punto e á parte.

Teño vinte e sete anos, a idade da decepción, sempre oín que era unha idade difícil. Levo cinco anos longos facendo unha tese de doutoramento sobre Descartes, un filósofo francés do século XVII que durante a carreira me gustou moito. Hoxe non me di nada. Non creo que a Descartes lle gustasen os gatos, o cal fai máis tensa a nosa relación. Son de raza branca e heterosexual, aínda que os heteros teimen en deixarme soa e aborrecida. Por agora tiven, máis ou menos en serio, tres mozos e medio, e non penso ter máis. Iso non quere dicir que non estea namorada, que o estou, aínda que nin a ti, querido diario, che hei dicir quen é, que é mellor que ninguén o saiba, nin sequera el, que de todos os xeitos sairame mal, coma sempre. Ademais, que saia mal ou ben non importa, que a sorte do amor é sentilo.

Herba Moura
Teresa Moure

Chuzame! chuzame -
 
icon for podpress  NARF - quero ser tambor (via psicofonica.com/narf): Play Now | Play in Popup | Download

A galiña azul: parte 2

Venres, Marzo 23rd, 2007

Elixín este anaquiño porque me parece que é a definición da solidariedade:

"¿A que non adiviñas o que pasou? Pois o día anterior alguén discorreu que a mellor maneira de arranxar as cousas sería tinguir de azul tódalas galiñas do pobo, pintándolles de vermello cinco plumas da á dereita e despois soltalas arredor da galiña azul de Lorenzo. Como nós non temos galiñas na casa, eu fun mercar unha á feira de Allariz e tinguina de azul tamén. Cando chegaron os gardas atoparon tanta galiña igual que non sabían cal era a de Lorenzo."

Grazas.

Chuzame! chuzame -

A galiña azul | La gallina blava

Venres, Marzo 9th, 2007

foto: http://www.filix.org/libros/prel/galina.html

Se me fixesen o típico cuestionario, ao chegar á proposición "Un libro infantil galego", diría: A galiña azul, de Carlos Casares.

Da galiña azul de Lorenzo, que pon ovos de cores e di "cocorocó" e por iso o alcalde a quere prender.

Cando poida contactar coa casa petrucial, completarei a homenaxe pendurando aquí un fragmento.

Si em fessin el típic questionari, en arribar a la proposició "Un llibre infantil gallec", diria: A galiña azul, d'en Carlos Casares.

De la gallina blava d'en Lorenzo, que pon ous de colors i diu "cocorocó" i per això l'alcalde la vol capturar.

Quan pugui contactar amb la casa petrucial, completaré aquest homenatge penjant-hi un fragment.

Chuzame! chuzame -

Como ser feliz en 5 pasos* | Com ser feliç en 5 passos*

Venres, Febreiro 16th, 2007

1.- Escribe na barra de enderezos: elpais.com

2.- Fai click na pestana España

3.- Fai click na pestana Galicia

4.- Vai ao fondo da páxina e fai click no artigo do Manuel Rivas e/ou no do Suso de Toro

5.- Leo

*Só válido os venres, dentro do suplemento Luces. A Ouriceira non se responsabiliza da consecución da felicidade por parte de terceiros. Este consello parte da subxectividade, en caso de dúbida consulta co teu libreiro ou libreira.

1.- Escriu a la barra d'adreces: elpais.com

2.- Fes click a la pestanya España

3.- Fes click a la pestanya Galicia

4.- Ves al fons de la pàgina i fes click a l'article d'en Manuel Rivas i/o al d'en Suso de Toro

5.- Llegeix-lo

*Vàlid només divendres, dins el suplement Luces. A Ouriceira no es responsabilitza de la consecució de la felicitat per part de tercers. Aquest consell parteix de la subjectivitat, en cas de dubte consulta amb el teu llibreter o llibretera.

Chuzame! chuzame -
 
icon for podpress  LUISA MANDOU UN BEIJO - Amarelinha (vía aregueifa.net): Play Now | Play in Popup | Download

 
icon for podpress  podOurizo 0: Como ser feliz en 5 pasos | Com ser feliç en 5 passos: Play Now | Play in Popup | Download

E logo!

Martes, Xaneiro 23rd, 2007

Podo pedir unha chapa?

Puc demanar una xapa?

Chuzame! chuzame -

Bilingüismo harmónico | Bilingüisme harmónic

Mércores, Xaneiro 17th, 2007


foto: galizacig.com

Agora xa sabemos en que consiste o bilingüismo harmónico do Partido Popular.

"En materia de lingua, a proposta do BNG defendía que o Estatuto recoñecera o dereito de falar galego e o deber de coñecelo. A proposta B suprimía a referencia ao deber e estabelecía a igualdade de dereitos e obrigas entre as dúas linguas, recoñecendo ao galego como idioma propio do país e ao castelán tamén como idioma oficial.

Quintana aceptou neste eido a proposta de Touriño, que non falaba de deber senón dunha igualdade xurídica que o PP non aceptou."

(GZnacion.com)

Agora xa poden dicir misa (que sería o propio). Cantas mentiras máis poden contar? Non teñen límite? Non o teñen. Son os de sempre. O único estatuto que coñecen é o status quo.

Chuzame! chuzame -