Archive for the 'música' Category

Filloas de salmón e queixo? | Creps de salmó i formatge?

Mércores, Outubro 31st, 2007

A beleza das pequenas cousas pode ser unha excusa para revitaminar o blogue, aínda que neste caso a principal motivación é que me dá rabia facerme "famoso" xusto cando non escribo. Proposta de cea:

Freixó de sobrasada e queixo + Freixó de salmón afumado e queixo + Freixó de chocolate = Éxito seguro + Enchenta segura.

Déixovos cos Blood Filloas.

freixós.m. Filloa. A tixola nova non dá ben os freixós.
La bellesa de es petites coses pot ser una bona excusa per a revitaminar el bloc, tot i que en aquest cas la principal motivació és la ràbia que em fa fer-me "famós" just quan no escric. Proposta de sopar:

Crep de Sobrassada i formatge + Crep de salmó afumat i formatge + Crep de xocolata = Èxit segur + Tipor segura.
Us deixo amb els Blood Filloas.

Chuzame! chuzame -

Sairei á rua a fume de carozo! | Sortiré al carrer cagant llets!

Mércores, Xuño 27th, 2007

A mesmiña mesmiña sensación que cando en EXB tirabamos os libros ao ar e corriamos cara as praias.

La mateixa mateixa sensació que quan, a l'EGB, llençàvem els llibres a l'aire i corríem cap a les platges.

Cousas da Xeración Xabarín.

Coses de la Xeración Xabarín.

Chuzame! chuzame -

Do you remember?

Venres, Xuño 15th, 2007

Dende que teño uso de razón hai un retrouso que bule na miña cabeza, de xeito fixo discontinuo: Mi abuela, arroz con habichuelas. Ninguén se lembra?

Des de que tinc consciència hi ha una tornada que es repeteix al meu cap, de manera fixa discontínua: Mi abuela, arroz con habichuelas. Ningún s'en recorda?

Chuzame! chuzame -

Manu Chao

Luns, Xuño 11th, 2007

Segue a frecha ------->

Segueix la fletxa -------->

[via El Bloc Carabassa]

Chuzame! chuzame -

Sesión Malandromeda

Mércores, Xuño 6th, 2007


[Foto da Regueifa]

Chegan tarde EP

Side A

1. SUPERCAN 1. SUPERCAN
2. DESEXO DE MORTE 2. DESEXO DE MORTE

Side B

1. MAMÁ MANDANGA 1. MAMÁ MANDANGA
2. PASEO NO FUME 2. PASEO NO FUME

Remixes

01 AquelGrupoRmx_Mou 01 AquelGrupoRmx_Mou

02 OMalDasAlturasRmx_Croma 02 OMalDasAlturasRmx_Croma

03 OsSenoresDaGuerraRmx_DjKaze 03 OsSenhoresDaGuerra

04 NoiteRmx_PacoMafiaGallega 04 NoiteRmx_PacoMafiaGallega

Estranos

01 TaChovendoMerda 01 TaChovendoMerda

02 Apura 02 Apura

03 AquelGrupo 03 AquelGrupo

04 OsSeñoresDaGuerra 04 OsSeñoresDaGuerra

05 Oasis 05 Oasis

06 AsLupasDeVerPorDentro 06 AsLupasDeVerPorDentro

07 HarryOTolo 07 HarryOTolo

08 Noite 08 Noite

09 DuasTintas 09 DuasTintas

10 MalDasAlturas 10 MalDasAlturas

11 UnHomeTransparente 11 UnHomeTransparente

Máis en malandromeda.com

Chuzame! chuzame -

Piratas do Caro+IVE | Pirates del Car+IVA

Xoves, Maio 31st, 2007


[via O demo me leve]

Si, gustoume moito a peli. E moito máis o xogo. E moito moito máis o xoguete. Esta anotación vai dedicada ao meu inesgotábel compañeiro de xogos. Quérote, enxeñeiro.

Si, m'ha agradat molt la peli. I molt més el joc. I molt i molt més la joguina. Aquest post va dedicat al meu inesgotable company de jocs. T'estimo, enginyer.

Chuzame! chuzame -

Heredeiros da Crus - A cuadrilla de Pepa a Loba

Martes, Maio 1st, 2007

1. QUERO JOSAR


Sete cuncas de viño unha vella de gholpe bebeu,
rebentoulle o cordón do xustillo de tanto que encheu.
Tiña sede e bebeu outras sete e mais estorou,
fixo como un foghete no aire chis-pun e estoupou.

Eu quero, eu quero josar,
e encherme de viño ata rebentar.
Eu quero, eu quero josar,
e morrer empalmado con unha botella na man.

Andar quente, tirado ou de lado, ou senón coma un can,
mexar detrás dunha esquina e volver a carghar.
Pois mirade, que o tempo non para e axiña se vai,
disfrutade, bebede e trincade, non vos vido máis.

Eu quero, eu quero josar,
e encherme de viño ata rebentar.
Eu quero, eu quero josar,
e morrer empalmado con unha botella na man.

Eu quero, eu quero josar,
e encherme de viño ata rebentar.
Eu quero, eu quero josar,
e morrer empalmado con unha botella na man.

2. JUAN RAMÓN


Juan Ramón traballa na construcción,
leva cinco anos ejercendo a profesión.
Jústalle o coñac, como priva o condenado,
sempre vai mexar na metade do traballo.
Certo día meteuse nun follón, peghoulle ó encarghado por beber demasiado.
Me cagho no carallo, nin obra dun meigallo, é a cuarta vez que o botan do traballo.

Carallo, con Juan Ramón. Carallo, con Juan Ramón.
Carallo, con Juan Ramón. Carallo, con Juan Ramón, Juan Ramón.

Agora Juan Ramón cambiou de profesión, traballa polas noites nun bar de pendóns.
Esta feito un putero, un cabrón de carallo. Traballa cando quere, traballa todo o ano.
Certo día meteuse nun follón, peghoulle ó encarghado por beber demasiado.
Me cagho no carallo, nin obra dun meigallo, é a cuarta vez que o botan do traballo.

Carallo, con Juan Ramón. Carallo, con Juan Ramón.
Carallo, con Juan Ramón. Carallo, con Juan Ramón, Juan Ramón.

(more...)

Chuzame! chuzame -

Hai que ir pedindo a papeleta | Hauré de demanar la papereta

Luns, Abril 30th, 2007


Se queres ter
á túa muller máis que contenta
debes saber
onde tés que meter a papeleta.

E vote por nós,
vote por nós,
vote Heredeiros.

Se queres saber
quen lle pon
a droga aos caramelos

sepa saber
que nos coñecemos
aos camelos.

Pero vote por nós,
ai, vote por nós,
vote Heredeiros.

Se ademais lle interesa
a vostede
ter un fillo crego, gho,
sepa separ
que estamos aquí para ofrecerllo.
Sepa separlo.

Pero vote por nós,
ai, vote por nós,
vote Heredeiros, gho.

Veña, vote por nós,
ai, vote por nós,
vote Heredeiros, gho.

HEREDEIROS DA CRUS - Erecsiones munisipales - Twango

Chuzame! chuzame -

Teletaxi + Aeropuerto + Facto Delafé y Las Flores Azules

Sábado, Abril 28th, 2007
De Cousas

Así de raro soa o título da anotación de hoxe. Así de bo foi o concerto.

Unha carpa pequeniña, cun escenario pequeniño. Un moi traballado xogo de luces. Un son que nunca acabou de ser o que debía. Delafé afirmaba con retranca: "temos a inmensa sorte de ter esta noite con nós todo o tempo ao noso amigo o acople". Facto dixo tamén: "é o noso primeiro concerto nun centro comercial, estamos moi contentos". Las Flores Azules só sorría.

De Teletaxi só escoitamos as dúas últimas cancións. Gustáronme. Se é que con dúas cancións se pode facer algunha apreciación, dire que me fixeron lembrar a Los Planetas.

De Aeropuerto quedo sobre todo cunha canción que comeza querendo fundirme na miseria e acaba por meterme unha euforia no corpo que pouco me faltou para chorar de ledicia. Nalgún momento, como diría aquel, unha suculenta ensalada de ruídos.

Estou convencido de que non foi o mellor concerto de Facto Delafé y Las Flores Azules. Ademais dos acoples, os baixos comían as melodías durante a primeira metade do concerto, e Helena Miquel recoñeceu que tiña a voz tocada, por culpa de ter o camerino ao lado do McDonalds, seica (Marc Borrachina dixit).

De todos os xeitos o concerto foi balsámico. Videoproxeccións, globos de cores, confetti, e até algún sobre de ketchup. Mostraron unha cara que non coñecía, unha canción homenaxe ao rap estilo Príncipe de Bel-Air. Mar El Poder del Mar e Enero en la Playa convertíronse nunha soa canción, beleza condensada.

E ao final as voces fundíronse e o espectáculo fíxose maxia. Da A a Z. Son só letras, son só notas. Que gran grupo.

Així d'estrany sona el títol del post d'avui. Així de bo va ser el concert.

Una carpa petiteta, amb un escenari petitet. Un joc de llums molt treballat. Un so que mai va arribar a ser el que hauria de ser. Delafé afirmaba amb sarcasme: "tenim la gran sort de tenir aquesta nit amb nosaltres tot el temps al nostre amic l'acople". Facto va dir també: "és el nostre primer concert en un centre comercial, estem molt contents". Las Flores Azules només somreia.

De Teletaxi només vam escoltar las dues últimes cançons. Em van agradar. Si amb dues cançons es pot fer alguna apreciació, diré que em vam recordar molt a a Los Planetas.

D'Aeropuerto em quedo sobretot amb una cançó que comença volent enfonsar-te a la misèria i acaba ficant-te una eufòria al cos que em va faltar poc per plorar d'alegria. En algún moment, com diria aquell, una suculenta amanida de sorolls.

Estic convençut que no vaser el millor concert de Facto Delafé y Las Flores Azules. A més dels acoples, els baixos es menjaven les melodies durant la primera part del concert, i Helena Miquel va reconéixer que tenia la veu tocada, per culpa de tenir el camerino al costat del McDonalds, seica (Marc Borrachina dixit).

Tot i així el concert va ser balsàmic. Videoprojeccions, globus de colors, confetti, i fins tot algun sobre de ketchup. Van mostrar una cara que no conexia, una cancço homenatge al rap estil Príncipe de Bel-Air. Mar El Poder del Mar i Enero en la Playa es van convertir en una sola cançó, bellesa condensada.

I al final les veus es van fondre i l'espectacle es va fer màgia. De la A a la Z. Són només lletres, són només notes. Quin gran grup.

Chuzame! chuzame -

Escoita a Terra | Escolta la Terra

Venres, Abril 27th, 2007

Sei que abuso do vídeo. Quizais sexa un efecto rebote. Demasiados anos vendo unha televisión con 5 canais nos que non medraba a herba, quitando algunhas case orgásmicas excepcións.

Persoalmente, a Internet permíteme ter os pés no chan e as mans levantadas, observarme adentro dende fóra e mirar a fóra dende dentro, conectarme para actuar e desconectarme para soñar. Ao conxunto destes actos chámaselle estado Ingravitto.

Sé que abuso del vídeo. Pot ser que sigui un efecte rebot. Masses anys mirant una televisió amb 5 canals als quals no creixia la gespa, tret d'algunes gairebé orgàsmiques excepcions.

Personalment, Internet em permet tenir els peus al terra i les mans aixecades, observar-me a dins des de fora i mirar a fora des de dins, connectar-me per a actuar i desconnectar-me per a somiar. Del conjunt d'aquests actes s'en diu estat Ingravitto.

Chuzame! chuzame -