O tempo dos bullós | El temps de les castanyes

Qué mellor excusa para revitaminar o blogue que a publicación en Flocos.tv (o cineclube do audiovisual galego) deste documental de Chus Domínguez. Todas as sensacións que evoca o vídeo sonme totalmente coñecidas. Un pracer.

Quina excusa millor per revitaminar el bloc que la publicació a Flocos.tv (el cineclub del audiovisual de l’audiovisual gallec) d’aquest documental de Chus Domínguez. Totes les sensacions que evoca el vídeo em són totalment conegudes. Un plaer.

O petróleo toca teito | El petroli toca sostre

Leo en Vieiros un artigo moi interesante de Manuel Casal Lodeiro, que me fai recordar as explicacións dun profesor da nosa facultade: Mariano Marzo. Estas reflexións poden servir para complementar a anotación anterior, sobre a necesidade de reformar e reorientar o sistema actual de consumo. Déixovos co vídeo dunha entrevista ao profesor, e co artigo enteiro do informático. A xeoloxía está de moda, contrátenme!

Llegeixo a Vieiros un article molt interessant de Manuel Casal Lodeiro (el traduiré tan aviat com pugui), el qual em fa recordar les explicacions d’un professor de la nostra facultat: Mariano Marzo. Aquestes reflexions poden servir per complementar el post anterior, sobre la necessitat de reformar i reorientar el sistema actual de consum. Us deixo amb el vídeo d’una entrevista al professor, i amb l’article sencer de l’informàtic. La geologia està de moda, contracti’m!

(Mariano Marzo comeza a falar no minuto 4:17, mais a chicha comeza no minuto 9:18)
(Mariano Marzo comença a parlar el minut 4:17, però la substància comença el minut 9:18)


O cénit do petróleo: a outra (e derradeira) crise

(por Manuel Casal Lodeiro) 1/12/2008

A crise actual ocupa os medios de comunicación de masas de maneira cotiá desde hai semanas. Pero a faciana que se nos amosa neles é case exclusivamente a financieira-económica. Pouco sae á luz e  ao debate público sobre un compoñente subxacente de crucial importancia: os límites do medre perpetuo capitalista. Entre eses límites hai un que salienta: o da produción mundial de petróleo.

Baixo o termo inglés de “peak oil” coñécese o fenómeno que na nosa lingua poderiamos denominar “cénit”, “pico” ou “teito” da produción de petróleo a nivel mundial. O petróleo é un ben finito e escaso, do que non podemos “fabricar” máis cando se esgota; é dicir, no planeta hai un número concreto, limitado, de toneladas de petróleo. Ben, pois todo apunta a que estamos comezando  notar os efectos desa finitude. Pero non trabuquemos: o problema non é que nos vaiamos quedar sen petróleo de aquí a uns meses, senón que cando comece o descenso pola curva histórica da produción mundial (en forma de campá, denominada “curva de Hubbert”) o petróleo que vaia quedando accesible nos mercados será cada vez máis caro, de peor calidade, máis contaminante, máis difícil de extraer, de menor valor enerxético e tamén e sobre todo (velaquí o quid da cuestión)… será insuficiente para satisfacer a demanda mundial.

Por poñelo en poucas palabras: non vai haber petróleo para todos nin maneira de substituílo a tempo. Os que levan estudando este problema desde hai tempo, teñen calculado que farían falta cando menos 20 anos de preparación, de seria e profunda transformación do tecido socioeconómico nos países industrializados occidentais, para evitar graves consecuencias. Son datos do Informe Hirsch, encargado pola administración Bush no 2005. Porque, non nos enganemos: nin os biocombustibles, nin as renovables nin a agora de novo proposta nuclear son viables a unha escala comparable ao consumo mundial actual de petróleo, nin estarían listas a tempo. Os cálculos de investimentos precisos, desenvolvemento tecnolóxico e taxas de retorno enerxético non deixan lugar a dúbida: non hai substituto viable para o petróleo que nos vaia chegar a tempo antes do momento en que a súa produción non dea cuberto a demanda.

Parémonos a pensar qué significará quedármonos sen petróleo (ou sen petróleo barato, que ven sendo o mesmo na práctica): o 90% do transporte funciona só con derivados do ouro negro; a agricultura intensiva (e polo tanto a alimentación de cada un/ha de nós) tamén depende desde a súa produción (fertilizantes químicos, praguicidas, maquinaria, etc.) ata a súa distribución, do petróleo e do gas natural (outro recurso en proceso de esgotamento); os bens de uso cotián están en boa parte creados a partir de derivados do petróleo (plásticos, fibras sintéticas…) e outro tanto se pode dicir de moitos medicamentos. Isto é: todo o que nos mantén vivos e “funcionando”. É o que algúns chaman a sociedade fosilista, petrolívora, adicta ao petróleo… ou simplemente a sociedade insostible, din outros, e non sen razón. E aí é onde volvemos ligar coa cuestión inicial: a crise ou recesión económica e a imposibilidade dunha recuperación económica permanente.

O capitalismo (iso que algúns chaman farisaicamente “libre mercado”) é un sistema que precisa do crecemento continuado para poder existir. É connatural a el: sen crecemento é inviable. Ben, pois sen petróleo, tal e como está construida a sociedade industrial capitalista, non pode haber tampouco medre. Se o combustible escasea, a máquina non é que vaia máis amodo: é que ao estar pensada só para acelerar, simplemente se “gripa”. É dicir, vimos construindo un inmenso monstro de escala planetaria, chamado sistema industrial capitalista, sobre unhas bases que tiñan data de caducidade e sen recambio posible. Cando eses cementos caian… caerá todo o sistema e todas as sociedades que non se teñan desprendido del, que non teñan saído da adición a unha droga sistémica que é finita. Agora moitos se debaten en tratar de adiviñar a data de comezo dese masivo derrubamento, dese tráxico punto de inflexión na Historia da Humanidade, que virá marcado polo momento en que se alcance o número máximo de bocois de petróleo producidos no mundo (o chamado “cénit do petróleo”): 2010? 2015? …algúns mesmo din que xa estamos inmersos nel. Pero acertar na data non é o máis importante, nin debe demorar a posta en práctica das urxentes e radicais medidas políticas, económicas e sociais que esixe para tentarmos minguar o seu catastrófico efecto, porque é coñecido que non teremos a certeza de termos pasado ese pico da produción ata algún tempo despois (un par de anos, talvez) cando o vexamos no espello retrovisor da historia económica. E os prezos, cando avisen, será demasiado tarde. Se seguimos confiando nos sinais que envía o mercado, na  substituibilidade dos factores produtivos, e na mítica autorregulación dos mercados, daquela o choque brutal contra os límites dos recursos do planeta está asegurado: estímase que sen petróleo, o planeta só poderá manter unha poboación duns 2.000 millóns de persoas.

Vídeo: Mariano Marzo entrevista Desayunos TVE (Google Vídeo)

Artigo | Article: Manuel Casal Lodeiro: O cénit do petróleo: A outra (e verdadeira) crise. (Vieiros)

A impresionante sociedade de consumo | La impressionant societat de consum

Dedicádelle un pouquiño do voso tempo; vale a pena.

Dediqueu-li una miqueta del vostre temps; val la pena.


(parte 1 | part 1)


(parte 2 | part 2)


(parte 3 | part 3)

Non me digades que este vídeo non vos fai pararvos a valorar e cuestionar o sistema. Teño outro artigo pendente, sobre o consumo no Nadal. Que sexades felices.

No em digueu que aquest vídeo no us fa parar-vos a valorar i questionar el sistema. Tinc un altre article pendent, sobre el consum al Nadal. Que sigueu feliços i felices.

Día da Acción Blogue: Pobreza | Dia de l’Acció Bloc: Pobresa

As persoas que non teñen diñeiro para vivir dignamente (vivenda, saúde, educación), que pensarán de todos os europeos acomodados, histéricos polo que nos pode provocar a crise financieira?

Deben de estar a escachar coa risa. Porque se cadra choran menos ca nós. E sobreviven.

Cambiemos a conversa, por favor.

Les persones que no tenes diners per viure dignament (vivenda, salut, educació), qué pensaran de tots els europeus acomodats, histèrics pel que ens pot provocar la crisi financiera?

Es deuen estar pixant de riure. Perquè potser ploren menys que nosaltres. I sobreviuen.

Canviem la conversa, si us plau.


Blog Action Day 2008 Poverty from Blog Action Day on Vimeo.

Proposta simplista nº 1: O presuposto militar de todos os países do mundo, para educación en todo o mundo.

Proposta simplista nº 1: El pressupost militar de tots els països del món, per a educació a tot el món.

Vivemos sobre umha pele | Vivim sobre una pell

VIVEMOS SOBRE UMHA PELE. Voando percebe-se que a terra, orgánica e cultivável, é umha pele fina e mesmo descontínua sobre um mundo imenso e mineral. E nós com toda a nossa megalomania, habitamos sobre essa fina pele. E temo-nos polos donos do mundo.

Suso de Toro, Botelha ao mar (Março-2003)

VIVIM SOBRE UNA PELL. Volant es percep que la terra, orgànica i cultibable, és una pell fina i fins i tot discontínua sobre un món immens i mineral. I nosaltres amb tota la nostra megalomania, habitem sobre aquesta fina pell. I ens creiem els amos del món.

Traducció de l’original de Suso de Toro, Botelha ao mar (Março-2003)