Tod@s somos Enjuto Mojamuto


“Durante una entrevista en Radio Nacional de España la ministra también ha puntualizado que no hay que generalizar y acusar a todos los internautas de descargas ilegales: “también hay esa idea de que el usuario tipo es Enjuto Mojamuto, de Muchachada Nui -programa de humor de TVE-, y no, somos más(Público.es)

A ver, señora Sinde: no se puede generalizar, no hay equipo pequeño y el diésel compensa si haces muchos kilómetros.

Até aquí, correcto. Mais Enjuto Mojamuto non fai nin un só acto ilegal en ningún dos seus sketches. No campo que nos ocupa, Enjuto só cometería un acto delictivo se se dedicase a forrarse vendendo música (ou películas) con Copyright. Mesmo no caso de que se forrase ao crear un programa que se pode usar para descargar música, seguiría dentro da legalidade. Porque tamén se pode compartir música polo Microsoft Messenger: ilegalizámolo?

“Por otro lado ha matizado que el problema de la música en Internet es el poco peso de las canciones y su rapidez para copiarlas.” (Público.es)

Esto ya es el recopetín, que dirían os seus hipócritamente referenciados Muchachada Nui. Agora só me falta ver un sketch de Marcial dicindo tal que así: Ahora, amigos, ya no se hacen las canciones como antes! Antes ponías un disco de pizarra y decías ¡Aquí hay arte! Mira que surcos hermosos! Pero ahora la música es así de chiquitica! Si es que es de mírame y no me toques! Y claro, eso después vuela por el interné ese, no sabes?

Si, Señora Ministra, tod@s somos Enjuto Mojamuto, menos vostede e o seu grupo de presión: vostedes son bastante máis anticuad@s que Marcial (González-Sinde, pa servirle!)*

*As miñas desculpas a Marcial Ruiz Escribano pola comparación; Marcial destila intelixencia.

Fotos: razieldsm | fuina en Flickr (Creative Commons)

A Xunta propón recuperar parte da N-VI concidindo co Ano Santo.


Recreación virtual da que sería a nova N-VI. Obiols1.

Fontes da administración autonómica afirman que se está a traballar nun ambicioso plano para pór en valor a N-VI no seu tramo lucense.

Esta recuperación encadraríase dentro da política do actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, encamiñada a recuperar algúns símbolos dos anos 90, como xa o son o Pelegrín, o ensino en español cordial* ou a ausencia de programación cultural na TVG. Non semella, pois, que as liñas de actuación da nova Xunta de Galicia teñan un trasfondo “revanchista”, como se esmeran en reclamar certas forzas políticas minoritarias, se non que parten do espírito de “aproveitar o mellor do pasado sen deixar que nos cegue o futuro”, en palabras dun destacado membro da Consellería de Desfacer.

Este mesmo cargo considera que sería procedente, “a medio prazo”, destruír a Autovía do Noroete (A-6), “pois de todos é sabido que todo o que ten que ver co bipartito é malo, e a A-6 foi case un empeño persoal de Touriño”, aclara.

*Dentro do novo programa de ensino en español cordial está permitido un máximo de dous poemas de Rosalía de Castro por trimestre, a escoller entre “Cantares Gallegos” e “En las Orillas del Sar”, tendo en conta o ambiente sociolíngüístico de cada colexio.