empezamos.

Esta pataleta xurdiu da posíbel primeira mentira de Frijolito. Cantas nos agardan!

Explicacións reflexivas interesantes dos resultados das eleccións de antonte hai moitas e variadas. Eu é que toda a vida fun máis de botarme ao monte. Paz, amor y España uniforme para tod@s. Falou o pobo.

Aquesta pataleta ha sorgit de la posible primera mentida d’en Frijolito. Quantes ens esperen!

Explicacions reflexives interessants dels resultats de les eleccions d’abans d’ahir n’hi ha moltes i diverses. Jo és que tota la vida he estat més de fer les coses a l’estil salvatge. Paz, amor y España uniforme para tod@s. El poble ha parlat.

Montaxe e deformación a partir de Moosh Be e galiciaefotos en Flickr (cc).

O petróleo toca teito | El petroli toca sostre

Leo en Vieiros un artigo moi interesante de Manuel Casal Lodeiro, que me fai recordar as explicacións dun profesor da nosa facultade: Mariano Marzo. Estas reflexións poden servir para complementar a anotación anterior, sobre a necesidade de reformar e reorientar o sistema actual de consumo. Déixovos co vídeo dunha entrevista ao profesor, e co artigo enteiro do informático. A xeoloxía está de moda, contrátenme!

Llegeixo a Vieiros un article molt interessant de Manuel Casal Lodeiro (el traduiré tan aviat com pugui), el qual em fa recordar les explicacions d’un professor de la nostra facultat: Mariano Marzo. Aquestes reflexions poden servir per complementar el post anterior, sobre la necessitat de reformar i reorientar el sistema actual de consum. Us deixo amb el vídeo d’una entrevista al professor, i amb l’article sencer de l’informàtic. La geologia està de moda, contracti’m!

(Mariano Marzo comeza a falar no minuto 4:17, mais a chicha comeza no minuto 9:18)
(Mariano Marzo comença a parlar el minut 4:17, però la substància comença el minut 9:18)


O cénit do petróleo: a outra (e derradeira) crise

(por Manuel Casal Lodeiro) 1/12/2008

A crise actual ocupa os medios de comunicación de masas de maneira cotiá desde hai semanas. Pero a faciana que se nos amosa neles é case exclusivamente a financieira-económica. Pouco sae á luz e  ao debate público sobre un compoñente subxacente de crucial importancia: os límites do medre perpetuo capitalista. Entre eses límites hai un que salienta: o da produción mundial de petróleo.

Baixo o termo inglés de “peak oil” coñécese o fenómeno que na nosa lingua poderiamos denominar “cénit”, “pico” ou “teito” da produción de petróleo a nivel mundial. O petróleo é un ben finito e escaso, do que non podemos “fabricar” máis cando se esgota; é dicir, no planeta hai un número concreto, limitado, de toneladas de petróleo. Ben, pois todo apunta a que estamos comezando  notar os efectos desa finitude. Pero non trabuquemos: o problema non é que nos vaiamos quedar sen petróleo de aquí a uns meses, senón que cando comece o descenso pola curva histórica da produción mundial (en forma de campá, denominada “curva de Hubbert”) o petróleo que vaia quedando accesible nos mercados será cada vez máis caro, de peor calidade, máis contaminante, máis difícil de extraer, de menor valor enerxético e tamén e sobre todo (velaquí o quid da cuestión)… será insuficiente para satisfacer a demanda mundial.

Por poñelo en poucas palabras: non vai haber petróleo para todos nin maneira de substituílo a tempo. Os que levan estudando este problema desde hai tempo, teñen calculado que farían falta cando menos 20 anos de preparación, de seria e profunda transformación do tecido socioeconómico nos países industrializados occidentais, para evitar graves consecuencias. Son datos do Informe Hirsch, encargado pola administración Bush no 2005. Porque, non nos enganemos: nin os biocombustibles, nin as renovables nin a agora de novo proposta nuclear son viables a unha escala comparable ao consumo mundial actual de petróleo, nin estarían listas a tempo. Os cálculos de investimentos precisos, desenvolvemento tecnolóxico e taxas de retorno enerxético non deixan lugar a dúbida: non hai substituto viable para o petróleo que nos vaia chegar a tempo antes do momento en que a súa produción non dea cuberto a demanda.

Parémonos a pensar qué significará quedármonos sen petróleo (ou sen petróleo barato, que ven sendo o mesmo na práctica): o 90% do transporte funciona só con derivados do ouro negro; a agricultura intensiva (e polo tanto a alimentación de cada un/ha de nós) tamén depende desde a súa produción (fertilizantes químicos, praguicidas, maquinaria, etc.) ata a súa distribución, do petróleo e do gas natural (outro recurso en proceso de esgotamento); os bens de uso cotián están en boa parte creados a partir de derivados do petróleo (plásticos, fibras sintéticas…) e outro tanto se pode dicir de moitos medicamentos. Isto é: todo o que nos mantén vivos e “funcionando”. É o que algúns chaman a sociedade fosilista, petrolívora, adicta ao petróleo… ou simplemente a sociedade insostible, din outros, e non sen razón. E aí é onde volvemos ligar coa cuestión inicial: a crise ou recesión económica e a imposibilidade dunha recuperación económica permanente.

O capitalismo (iso que algúns chaman farisaicamente “libre mercado”) é un sistema que precisa do crecemento continuado para poder existir. É connatural a el: sen crecemento é inviable. Ben, pois sen petróleo, tal e como está construida a sociedade industrial capitalista, non pode haber tampouco medre. Se o combustible escasea, a máquina non é que vaia máis amodo: é que ao estar pensada só para acelerar, simplemente se “gripa”. É dicir, vimos construindo un inmenso monstro de escala planetaria, chamado sistema industrial capitalista, sobre unhas bases que tiñan data de caducidade e sen recambio posible. Cando eses cementos caian… caerá todo o sistema e todas as sociedades que non se teñan desprendido del, que non teñan saído da adición a unha droga sistémica que é finita. Agora moitos se debaten en tratar de adiviñar a data de comezo dese masivo derrubamento, dese tráxico punto de inflexión na Historia da Humanidade, que virá marcado polo momento en que se alcance o número máximo de bocois de petróleo producidos no mundo (o chamado “cénit do petróleo”): 2010? 2015? …algúns mesmo din que xa estamos inmersos nel. Pero acertar na data non é o máis importante, nin debe demorar a posta en práctica das urxentes e radicais medidas políticas, económicas e sociais que esixe para tentarmos minguar o seu catastrófico efecto, porque é coñecido que non teremos a certeza de termos pasado ese pico da produción ata algún tempo despois (un par de anos, talvez) cando o vexamos no espello retrovisor da historia económica. E os prezos, cando avisen, será demasiado tarde. Se seguimos confiando nos sinais que envía o mercado, na  substituibilidade dos factores produtivos, e na mítica autorregulación dos mercados, daquela o choque brutal contra os límites dos recursos do planeta está asegurado: estímase que sen petróleo, o planeta só poderá manter unha poboación duns 2.000 millóns de persoas.

Vídeo: Mariano Marzo entrevista Desayunos TVE (Google Vídeo)

Artigo | Article: Manuel Casal Lodeiro: O cénit do petróleo: A outra (e verdadeira) crise. (Vieiros)

O novo | El nou Secretario de Estado de Universidades

En declaracións a La Vanguardia, o flamante secretario de Estado de Universidades afirma que o seu nomeamento é un “espaldarazo” á súa concepción da universidade, na liña que a liga coa investigación e a empresa. Empresa. Empresa. Empresa.

Mesmo os alumnos máis desinformados coñecémolo como o home que chantou o Espacio Movistar no patético descampado aínda hoxe coñecido como La Condomina. Iso si que é integración coa empresa. Empresa. Empresa. Empresa.

Argumentan que na UB faltan cartos, e este é un bo xeito de conseguilos. Teñen razón. A Universidade practica o oficio máis antigo do mundo. O cliente, satisfeito, paga coa calderilla que lle molesta no peto.

Nada novo no “”Parc”” de Bederrida. Non sabedes cant@s motoristas me preguntaron nos últimos tempos onde estaba ese parque, que chegaban tarde ao concerto. E é que non hai parque. É un cemiterio de coches e miserias. Ao seu carón, o Cementiri de Les Corts, un edén.

Agora o rector exportará o modelo a todo o Estado. Noraboa.

Propoño que o Secretario de Estado cree unha tarifa “Mis 5” para que poidamos escoller cinco asignaturas con tarifa reducida de matrícula. Na letra pequena, case ilexíbel, veremos que o resto de materies custarán o triplo do actual, mais iso tanto ten, que para iso é letra pequena.

A AEP xa falou disto en decembro: http://www.aep.cat/IMG/pdf/EspacioMovistar.pdf

En declaracions a La Vanguardia, el flamant secretario de Estado de Universidades afirma que el seu nomenament és un “espaldarazo” a la seva concepció d’universitat, en la línia que la lliga amb la investigació i l’empresa. Empresa. Empresa. Empresa.

Fins i tot els alumnes més desinformats el coneixem com l’home que va plantar l’Espacio Movistar al patètic descampat encara avui conegut com La Condomina. Això sí que és integració amb l’empresa. Empresa. Empresa. Empresa.

Argumenten que a la UB falten diners, i aquesta n’és una bona manera d’aconseguir-los. Tenen raó. La Universitat practica l’ofici més antic del món. El client, satisfet, paga amb la calderilla que li molesta a la butxaca.

Res nou al “”Parc”” de Bederrida. No sabeu quants i quantes motoristes m’han preguntat en els últims temps on era aquell parc, que arribaven tard al concert. El parc no hi és. És un cementiri de cotxes i misèries. Al seu costat, el Cementiri de Les Corts, un edèn.

Ara el rector exportarà el model a tot l’Estat. Enhorabona.

Proposo que el Secretario de Estado crei una tarifa “Mis 5” per a que podem triar cinc assignatures amb tarifa reduida de matrícula. A la lletra petita, gairebé il·legible, veurem que la resta de matèries costaran el triple que abans, però això tant és, que per a això és la lletra petita.

La AEP en va parlar al desembre: http://www.aep.cat/IMG/pdf/EspacioMovistar.pdf

Actualización | Actualització:

Todo o meu respecto para as prostitutas. Ningún para os puteiros.

Tot el meu respecte per a les prostitutes. Cap per als puters.

 

Acceptar, reflexionar, aprendre | Aceptar, reflexionar, aprender


Túnel 3 – por Xabre

L’assignatura de Geotècnia resulta ser tota una questió metafísica. M’encanta la idea de que després de set anys aquesta carrera sigui capaç de sorpredre’m. I tu, per on faries un altre túnel? Si realment la resposta ha de sortir del cor i de sentir la muntanya, jo simplement no el faria. Multiplicaria la frequència de trens. Els hi agradaria aquesta proposta?

A materia de Xeotecnia resulta ser toda unha cuestión metafísica. Encántame a idea de que despois de sete anos esta carreira sexa capaz de sorprenderme. E ti, por onde farías outro túnel? Se realmente a resposta ten que saír do corazón e de sentir a montaña, eu simplemente non o faría. Multiplicaría a frecuencia de trens. Gustaríalles esta proposta?