gla 9

Gla é landra en catalán. Esta mañá pensei que as anotacións curtas da Ouriceira non son haikus. Cismaba un nome mellor para dita categoría. Podía ser castaña, mais é palabra longa, e é ben sabido que non gosto das castañas. A landra gústame, para facer contrapeso aos ourizos. E máis me gusta aínda a estas alturas seguir descubrindo palabras en catalán. Gla (ou aglà) acaba de saír quentiña do diccionario. Xa que logo, quedan inauguradas as glans.

Gla es diu landra en gallec. Aquest matí he pensat que els posts curts de A Ouriceira no són haikus. Pensava en un nom millor per a aquesta categoria. Podia ser castanya, però és paraula llarga, i és sabut que no m’agraden les castanyes. La gla m’agrada, per fer contrapes als ourizos. I m’agrada més encara seguir descobrint paraules catalanes a aquestes alçades. Gla (o aglà) tot just ha sortit ben calenta del diccionari. Així doncs, queden inaugurades les glans.