A Xunta propón recuperar parte da N-VI concidindo co Ano Santo.


Recreación virtual da que sería a nova N-VI. Obiols1.

Fontes da administración autonómica afirman que se está a traballar nun ambicioso plano para pór en valor a N-VI no seu tramo lucense.

Esta recuperación encadraríase dentro da política do actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, encamiñada a recuperar algúns símbolos dos anos 90, como xa o son o Pelegrín, o ensino en español cordial* ou a ausencia de programación cultural na TVG. Non semella, pois, que as liñas de actuación da nova Xunta de Galicia teñan un trasfondo “revanchista”, como se esmeran en reclamar certas forzas políticas minoritarias, se non que parten do espírito de “aproveitar o mellor do pasado sen deixar que nos cegue o futuro”, en palabras dun destacado membro da Consellería de Desfacer.

Este mesmo cargo considera que sería procedente, “a medio prazo”, destruír a Autovía do Noroete (A-6), “pois de todos é sabido que todo o que ten que ver co bipartito é malo, e a A-6 foi case un empeño persoal de Touriño”, aclara.

*Dentro do novo programa de ensino en español cordial está permitido un máximo de dous poemas de Rosalía de Castro por trimestre, a escoller entre “Cantares Gallegos” e “En las Orillas del Sar”, tendo en conta o ambiente sociolíngüístico de cada colexio.