Poesía contra o pesimismo

Maio 17th, 2008 by xabre

 

Espero que Celso Emilio Ferreiro me perdoe o atentado. O poema orixinal podedes lelo en Blogues Pola Lingua ou escoitalo cantado por Dios Ke Te Crew (vía acuática) ao final do artigo. Ocorréuseme este delito despois de ler un debate sobre lingua en positivo / lingua en negativo.

DE PÉ FRONTE AO MAR!

Lingua que herdei das labregas

eu fáloa porque si, porque me gusta

porque me peta e quero e dáme a gana

porque me sae de dentro, alá do fondo

dunha ledicia doce que me abrangue

ao ver tantas persoas ceibes,

fermosas árbores con fondas raizames

que xa saben que non hai roupa

que impida o amor aos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala das avoas que temos mortas,

e saben ser, co rostro erguido,

mariñeiras, labregos da linguaxe,

remo e arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque si, porque me gusta

e quero estar cos meus, coa xente que constrúe xa agora

unha historia contada na nosa lingua.

Falo para que aprendan as soberbias.

falo para que aprendan os ruíns e poderosos,

falo para que aprendan as finchadas,

falo para que aprendan os estúpidos,

falo para que aprendan as baleiras,

falo para os que procuran rexamente

verdades e xustiza de cotío;

para as que súan e rin

un sorriso cotián de bolboretas,

de luz e auga dende os ollos nus.

Eu quero coas miñas verbas

que ninguén sufra neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galiza, doce nación do Mundo,

de pé fronte ao mar, ese camiño!

Atentamente, atentado de Xabre ao poema de Celso Emilio Ferreiro

Chuzame! chuzame -
 
icon for podpress  Dios Ke Te Crew - Deitado Frente Ao Mar: Play Now | Play in Popup | Download

Limiar | Pròleg

Maio 17th, 2008 by xabre

ABRENTE

Esperguízasme tí:
levo na fronte
o arume balsamado do teu bafo.

MERIDÍA

Aluméasme tí:
levo no peito
a fogueira tremante do teu riso.

SERAN

Acoróasme tí:
levo na i-alma
o solpor nugallán da túa ollada.

NOITE

Énchesme toda tí:
na miña soma
boliga a astrolomía do teu corpo.

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLAZQUEZ, Poemas de ti e de min (1949)
Grazas a Vieiros.com

Feliz Día das Letras Galegas 2008! (el nostre Sant Jordi)

Chuzame! chuzame -

Cagadubtes, tastaolletes!

Maio 15th, 2008 by xabre

Dúas marabillosas palabras que acabo de descubrir facendo un exercicio de catalán:

cagadubtes m. i f. [LC] pop. Persoa que dificilmente sabe saír de dúbidas cando ten que resolver algunha cousa. (literalmente cagadúbidas)

tastaolletes m. i f. [LC] Persoa que comeza moitas cousas e non segue ningunha. (literalmente probapotas)

Espero non ser un cagadubtes nin un tastaolletes!

Dos mots meravellosos que tot just he descobert fent un exercici de català:

cagadubtes m. i f. [LC] pop. Persona que difícilment sap deseixir-se de dubtes en haver de resoldre alguna cosa.

tastaolletes m. i f. [LC] Persona que comença moltes coses i no en segueix cap.

Espero no ser un cagadubtes ni un tastaolletes!

 

Chuzame! chuzame -

Hai días | Hi ha dies

Maio 15th, 2008 by xabre

Hai días que ante tanta creación blogosférica de calidade penso que o mellor que podería facer é humildemente deixar de escribir. Mais case sempre o día despois éntranme ganas de escribir. E escribo. Como dixo alguén: o pracer máis grande é durmir cando tes sono. E eu xeralizaría: o pracer máis grande é facer o que queres. En todo caso a dificultade de ser feliz pode estar en saber que é o que queres.

Hi ha dies que davant de tanta creació blocosfèrica de qualitat penso que el millor que podria fer és humilment deixar d'escirure. Però gairebé sempre el dia després em venen ganes d'escirure. I escric. Com deia algú: el plaer més gran és dormir quan tens son. I jo generalitzaria: el plaer més gran és fer el que vulguis. En tot cas la dificultat de ser feliç pot raure en saber què vols.

Chuzame! chuzame -

Máis lingua | Més llengua

Maio 14th, 2008 by xabre

Adhíramonos tod@s, sobre todo @s que non podemos participar na manifestación!

Adherim-nos tothom, sobretot les i els que no podem participar a la manifestació!

Chuzame! chuzame -

E dixo | I va dir Camilo José Cela

Maio 4th, 2008 by xabre

E dixo Camilo José Cela en xaneiro de 1974, dende Palma de Mallorca:

I va dir Camilo José Cela el gener de 1974, des de Palma:

 

Al castellano, al hombre castellano, lo han venido educando históricamente en la falsa idea de que el catalán, el gallego y el vasco, el hombre catalán, gallego y vasco, habla en su lengua "para darle rabia a él", supuesto que cree a pies juntillas y cosa que digo en su defensa - quede claro - puesto que paga en sus propias carnes el alto precio de su desviado - y envenenado - candor. La gente no se ha parado a pensar que desde que España es España - y aun antes, cuando estaba todavía en el huevo de donde hubo de salir - , siempre fue más peligroso el separatismo de Burgos o de Valladolid que el periférico o, dicho de otra manera: siempre fueron más nocivos y numerosos los separadores que los separatistas.

(...)

La resistencia a no considerar al gallego y al catalán como lenguas se prolongó en el registro oficial de voces del castellano -e l Diccionario de la Real Academia Española - hasta fechas bien próximas: hasta el año 1970. En su edición anterior (la XVIII, 1956) se llamaba "lenguaje" al catalán y "dialecto" (!) al gallego.

(...)

Todas estas lucubraciones me vienen hoy a los puntos de la pluma para situar mejor el único problema que ha de recabar nuestra atención presente: la vitalización de las lenguas periféricas españolas, tan vapuleadas por causas con frecuencia ajenas al previsto devenir léxico.

(...)

Desde Ramón Llull y Roiç de Corella hasta Josep Carner y Salvador Espriu - y aun antes y después de unos y otros- la literatura en lengua catalana es un riquísimo venero que alumbra todo cuanto toca, y de su ignorancia no dimanan sino desinterés y cicatería; de mi personal y minúscula experiencia puedo decir que desde que vivo en el área del catalán y, peor que mejor, entiendo y leo la lengua de mi entorno, me siento literaria y humanamente enriquecido al sumar, al horizonte propio (que en mi caso eran ya dos: el gallego y el castellano), el nuevo horizonte que se me regala.

Mientras los españoles, peninsulares e isleños, no sintamos la necesidad de la recíproca intercomunicación culta, la cultura española - expresada en la lengua que se exprese - siempre caminará cojitranca y parcial. Una de las riquezas de España es su pluralidad, de la que es grave torpeza no saber sacar el debido provecho. Pienso que este diccionario podrá aportar no poca luz al tan debatido problema y a su consecuencia más amarga: la recíproca interignorancia extraculta que sigue manteniendo a gran número de españoles en una recelosa actitud a todas luces prescrita.

Esta "recelosa actitude a todas luces prescrita" alá polo ano 1974, ás veces semella que segue coleando. Serán os últimos estertores desa "grave torpeza"? Desexemos que si. Nada máis que engadir ás verbas do académico. De cando en vez procuras unha palabra no desenganaburros e atopas sorpresas.

La "recelosa actitud clarament prescrita" aquell any 1974 de vegades sembla que segueix movent la cua. Seran els últims d'aquesta "greu malaptesa"? Desitgem que sigui així. Res més que afegir a les paraules de l'acadèmic. De tant en tant procures una paraula al desenganaburros i trobes sorpreses.

Dicionario

Chuzame! chuzame -

Hereu

Abril 21st, 2008 by xabre


Foto d'edeidin

Este parágrafo quedara pendurado no meu escritorio. Xa é de hai uns cantos días:

Hoxe vin ao alcalde de Barcelona no Carrer Nou de la Rambla. A historia poñerao no seu lugar: ninguén falará del. Están de moda os políticos escandalosamente grises. Mais cada día aparecen, só no blogomundo, mil respostas de cores a cada pincelada gris-centrista. "Todos os extremos son malos". Manda carallo. É moi divertido xogar a ser o centro. Os demais quedan automaticamente nos extremos.

Aquest paràgraf s'havia quedat penjat al meu escriptori. És de fa uns quant dies:

Avui he vist l'alcalde de Barcelona al Carrer Nou de la Rambla. La història el posarà al seu lloc: ningú en parlarà. Estan de moda els polítics escandalosament grisos. Però cada dia apareixen, només a la blogosfera, mil respostes de colors a cada pincellada gris-centrista. "Tots els extrems són dolents". Té collons. És molt divertit jugar a ser el centre. Els altres queden automàticament als extrems.

Chuzame! chuzame -

Si á nosa lingua | Sí a la nostra llengua

Abril 20th, 2008 by xabre


Foto de luistxo eta marije

Ai, autora luguesa, tal descomunal distorsión da realidade faime sufrir pola túa saúde.

Un supoñer:

Nova Lei de Normalización lingüística:

Artigo 1.- Arrinconar ao castelán da vida social e cultural galega.
Artigo 2.- Demonizar a quen non empregue habitualmente o galego.
Artigo 3.- Considerar estranxeiros na súa propia terra ás persoas que escollan o castelán como vehículo de expresión.
Artigo 4.- Eliminar da vida pública galega un idioma que falan catrocentos millóns de persoas.
Artigo 5.- Privar aos galegos de manexar dúas linguas.
Artigo 6 (tamén coñecido como o despiporre).- Impulsar a limitación das liberdades individuais.

E todo isto por promover un 50/50 nas escolas! Ou sexa, por propoñer unha solución de igualdade para un problema de desigualdade!

Dicía o chiste:

-Bailas?

-Non

-Pois logo de foder nin falamos.

Os amigos e amigas de Galicia Bilingüe e derivados teñen unha táctica clara: ataquemos furibundamente o 50/50. E así, efectivamente, de diglosia e discriminación positiva xa nin falamos.

Pois non. Falo de diglosia e da necesaria discriminación positiva para o galego. Falo de que o galego non está nos proxectos de final de carreira, porque ser enxeñeiro/a e escribir en galego aínda son incompatíbeis. E falo de que se oio un rapaz novo nunha cidade galega falando galego, mordo os beizos para comprobar que estou desperto. E falo, si, da decepción que produce o BNG no que respecta a políticas decididas polo avance da nosa lingua.

Falo disto porque estou canso de verme envolto nos debates que a eles lles interesa. Farto da vella táctica do medo. Se teñen medo, que se protexan do inglés.

El gallec tindrà mil primaveres més. Els extintors de llengües fracassaran.

Ai, autora luguesa, tal descomunal distorsió de la realitat em fa patir per la teva salut.

Per exemple:

Nova Llei de Normalització lingüística:

Article 1.- Arraconar el castellà de la vida social i cultural gallega.
Article 2.- Demonitzar aquell que no faci servir habitualment el gallec.
Article 3.- Considerar estrangers a la seva pròpia terra les persones que triin el castellà com a vehicle d'expressió.
Arcicle 4.- Eliminar de la vida pública gallega un idioma que parlen quatrecents milions de persones.
Article 5.- Privar els gallecs de conéixer dues llengües.
Article 6. (també conegut com l'espatarre) - Impulsar la limitació de les llibertats individuals.

I tot plegat per promoure un 50/50 a les escoles! O sigui, per proposar una solució d'igualtat per a un problema de desigualtat!

Deia l'acudit:

-Balles?

-No

-Llavors de follar no cal ni que en parlem.

Els amics i amigues de Galicia Bilingüe i derivats tenen una tàctica clara: ataquem furibundament el 50/50. I així, efectivament, de diglosia i discriminació positiva ja no cal ni que en parlem.

Doncs no. Parlo de diglòsia i de la necessària discriminació positiva per al gallec. Parlo del fet que el gallec no es troba als projectes de final de carrera, perquè ser enginyer/a i escriure en gallec encara són incompatibles. I parlo de que si sento un noi jove a una ciutat gallega paralant gallec, em mossego els llavis per a comprovar que estic despert. I parlo, si, de la decepció que em produeix el BNG pel que fa a polítiques decidides per a l'avenç de la nostra llengua.

En parlo perquè estic cansat de veure'm ficat als debats que a ells els interessen. Parlo de la vella tàctica de la por. Si tenen por, que es protegeixin de l'anglès.

O galego terá mil primaveras máis. Os extintores de linguas fracasarán.

Actualización | Actualització

Galicia Bilingüe oponse ao 50/50. É para mexar coa risa.

Galicia Bilingüe s'oposa al 50/50. És per a pixar-se de riure.

 

 

Chuzame! chuzame -

O novo | El nou Secretario de Estado de Universidades

Abril 16th, 2008 by xabre

En declaracións a La Vanguardia, o flamante secretario de Estado de Universidades afirma que o seu nomeamento é un "espaldarazo" á súa concepción da universidade, na liña que a liga coa investigación e a empresa. Empresa. Empresa. Empresa.

Mesmo os alumnos máis desinformados coñecémolo como o home que chantou o Espacio Movistar no patético descampado aínda hoxe coñecido como La Condomina. Iso si que é integración coa empresa. Empresa. Empresa. Empresa.

Argumentan que na UB faltan cartos, e este é un bo xeito de conseguilos. Teñen razón. A Universidade practica o oficio máis antigo do mundo. O cliente, satisfeito, paga coa calderilla que lle molesta no peto.

Nada novo no ""Parc"" de Bederrida. Non sabedes cant@s motoristas me preguntaron nos últimos tempos onde estaba ese parque, que chegaban tarde ao concerto. E é que non hai parque. É un cemiterio de coches e miserias. Ao seu carón, o Cementiri de Les Corts, un edén.

Agora o rector exportará o modelo a todo o Estado. Noraboa.

Propoño que o Secretario de Estado cree unha tarifa "Mis 5" para que poidamos escoller cinco asignaturas con tarifa reducida de matrícula. Na letra pequena, case ilexíbel, veremos que o resto de materies custarán o triplo do actual, mais iso tanto ten, que para iso é letra pequena.

A AEP xa falou disto en decembro: http://www.aep.cat/IMG/pdf/EspacioMovistar.pdf

En declaracions a La Vanguardia, el flamant secretario de Estado de Universidades afirma que el seu nomenament és un "espaldarazo" a la seva concepció d'universitat, en la línia que la lliga amb la investigació i l'empresa. Empresa. Empresa. Empresa.

Fins i tot els alumnes més desinformats el coneixem com l'home que va plantar l'Espacio Movistar al patètic descampat encara avui conegut com La Condomina. Això sí que és integració amb l'empresa. Empresa. Empresa. Empresa.

Argumenten que a la UB falten diners, i aquesta n'és una bona manera d'aconseguir-los. Tenen raó. La Universitat practica l'ofici més antic del món. El client, satisfet, paga amb la calderilla que li molesta a la butxaca.

Res nou al ""Parc"" de Bederrida. No sabeu quants i quantes motoristes m'han preguntat en els últims temps on era aquell parc, que arribaven tard al concert. El parc no hi és. És un cementiri de cotxes i misèries. Al seu costat, el Cementiri de Les Corts, un edèn.

Ara el rector exportarà el model a tot l'Estat. Enhorabona.

Proposo que el Secretario de Estado crei una tarifa "Mis 5" per a que podem triar cinc assignatures amb tarifa reduida de matrícula. A la lletra petita, gairebé il·legible, veurem que la resta de matèries costaran el triple que abans, però això tant és, que per a això és la lletra petita.

La AEP en va parlar al desembre: http://www.aep.cat/IMG/pdf/EspacioMovistar.pdf

Actualización | Actualització:

Todo o meu respecto para as prostitutas. Ningún para os puteiros.

Tot el meu respecte per a les prostitutes. Cap per als puters.

 

Chuzame! chuzame -

Somos privilexiados | Som privilegiats

Abril 13th, 2008 by xabre

Somos privilegiados, aprendimos ao nacer neste lugar do mundo tres idiomas e un deles, o portugués, sen nós sabelo

Som privilegiats, hem après per haver nascut en aquest lloc del món tres idiomes i un d'ells, el portugués, sense saber-ho.

José Ramom Pichel

Chuzame! chuzame -